ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Verea quere converter Santiago en alternativa a Lisboa como polo de atracción para empresas de países lusófonos

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de noviembre de 2023 a las 13:54

Compartir
  • “Así, desde Compostela debemos aproveitar as sinerxías lingüísticas entre o galego e o portugués para achegar ás empresas lusófonas cara a capital de Galicia”, afirmou Verea.
  • Na actualidade, hai 9 países no mundo nos que a fala oficial é o portugués, sendo o sexto idioma máis utilizado do planeta; e segundo proxeccións da ONU, en 2050, os falantes de lingua portuguesa poderían chegar aos 400 millóns de persoas.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023.- O líder do PP de Santiago, Borja Verea, manifestou hoxe a súa intención de traballar para que Santiago se converta en alternativa a Lisboa como polo de atracción para empresas dos distintos países lusófonos en todos os sectores empresariais, pero, sobre todo, nas biosanitarias aproveitando o distrito biotecnolóxico, así como no sector da innovación.

Para Verea “a relevancia internacional da capital de Galicia, ademais das sinerxías coas empresas do polo sanitario e do distrito biotecnolóxico, fan da cidade o enclave perfecto para aportar, no eido empresarial e da investigación, un atractivo para a ubicación de novas empresas nestas áreas de actividade”.

Neste senso, o líder popular destacou tamén que “o noso potencial non debe limitarse só a nosa comunidade, senón que deberíamos ir máis lonxe e proxectarmos a nivel internacional para que as empresas lusófonas tomen Santiago como alternativa a Lisboa, tanto desde o punto de vista económico, como pola calidade de vida e os servizos que a cidade lles pode ofrecer, grazas á nosa vocación cosmopolita e o noso posicionamento a nivel mundial”. Así, engadiu, “Compostela debe aspirar a converterse nun centro neurálxico para estes países, que engloban hoxe en día un mercado potencial de case 300 millóns de
persoas.

Na actualidade, hai 9 países no mundo (Brasil, Portugal e Mozambique, entre outros) nos que a fala oficial é o portugués, sendo o sexto idioma máis utilizado do planeta. Segundo proxeccións da ONU, en 2050, os falantes de lingua portuguesa poderían chegar aos 400 millóns de persoas, debido a crecemento demográfico de países luso-parlantes no continente africano como Angola ou Mozambique. E hoxe en día, xa no americano, Brasil, conta cunha poboación que supera os 215 millóns de persoas sendo o país máis poboado de fala portuguesa a nivel mundial, o que representa unha potente forza demográfica para

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así, “desde Compostela debemos aproveitar as sinerxías lingüísticas entre o galego e o portugués para achegar ás empresas lusófonas cara a capital de Galicia”, afirmou Verea.

Etiquetas

politicappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo