ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Verea: «Que a taxa turística comece o 1 de xaneiro depende só do BNG»

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de noviembre de 2024 a las 14:09

Compartir
  • Advertiu de que “estaremos moi atentos, primeiro, a que poñan en marcha unha taxa turística eficiente, seria e eficaz, e segundo que o destino deses recursos sexa totalmente transparente: queremos saber a qué van a dedicar cada un deses euros”.
  • O líder popular destacou que “se non teñen ganas ou capacidades para xestionar a taxa turística que nos deixen a nós, pero que paren xa de facer o ridículo, polo ben da cidade”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lamentou hoxe que o BNG siga utilizando a taxa turística como arma política, “xa que agora só depende dos nacionalistas que se empece a aplicar a partir do 1 de xaneiro”.

Verea salientou que “nós cumprimos e o 1 de xaneiro haberá taxa turística en Santiago. Outra vez somos nós os que levamos a inciativa e imos por diante: así tamén nas novas vivendas colaborativas 100% públicas en Xoan XXIII e coa senda peonil e ciclista que unirá Santiago-Milladorio”. Así afirmou que “o BNG e a súa alcaldesa seguen perdendo o tempo e deixando á vista de todos as súas incoherencias: ¿querían unha taxa turística pero non queren xestionala? ¿pero que broma é esta?”.

Para o líder popular o que non é de recibo é que “utilizasen a taxa turística como arma para o enfrontamento político e agora que a teñen sigan co mesmo discurso. A partir de agora depende só deles poñela en marcha a partir do 1 de xaneiro, veremos se son tan rápidos en poñerse a traballar como en crear enfrontamentos e botarlle a culpa aos demais no relativo ás súas competencias”.

En palabras de Verea, “o goberno do BNG é o mellor exemplo dun goberno acomplexado, pequeno e sen ningunha ambición. Neste senso, continuou, “é importante destacar que ninguén na historia de Santiago tantos recursos como os nacionalistas, e sen embargo está xa rematando o 2024 e non serviu para nada, ningún goberno tivo tanto e fixo tan pouco”. E recoñeneu non entender porque “a pesar diso seguen falando de recadar máis e máis impostos. Para que queren máis cartos se non son quen de gastar os que xa teñen?”.

O líder popular advertiu de que “estaremos moi atentos, primeiro, a que poñan en marcha unha taxa turística eficiente, seria e eficaz, e segundo que o destino deses recursos sexa totalmente transparente: queremos saber a qué van a dedicar cada un deses euros”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

E salientou que “se non teñen ganas ou capacidades para xestionar a taxa turística que nos deixen a nós, pero que paren xa de facer o ridículo, polo ben da cidade”.

Etiquetas

compostelapoliticappsantiagotaxa turistica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo