ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Política

Verea propón ao Goberno do BNG que poña en marcha a Estratexia Fronte á Soidade Non Desexada

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de diciembre de 2023 a las 18:44

Compartir
  • O popular subliña que o seu grupo foi pioneiro en traballar e atopar medidas neste eido, incitando tamén a potenciación dun programa de voluntariado sénior e voluntarios e voluntarias de acompañamento a persoas maiores.
  • Reclama tamén ao Goberno do BNG a elaboración dun censo de persoas maiores que viven soas, co fin de que conten cunha atención e uns recursos acordes a súa especial vulnerabilidade e evitar así posibles situacións de risco.
  • As institucións teñen a obrigación de velar polos máis desfavorecidos, para evitar que queden en desamparo e, para elo, o Goberno local ten un amplo abano de recursos para as persoas maiores, “unhas medidas que ignora o Goberno do BNG, mentres si atenden, con grandes recursos, os intereses da súa ‘parroquia’”, subliñou.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclámalle ao Goberno do BNG que poña en marcha, coa maior urxencia posible, a Estratexia fronte á soidade non desexada, cun teléfono de atención ao maior, habilitando unha central de chamadas para persoas en soidade non desexada, que actuará como filtro e vía de canalización desta realidade. Serviría tamén para buscar solucións a través dos servizos sociais para prevela e paliala.

Verea subliña que foi o Partido Popular o pioneiro en traballar e atopar medidas neste eido, incitando tamén a potenciación dun programa de voluntariado sénior e voluntarios e voluntarias de acompañamento a persoas maiores. Todas estas iniciativas que xa se incluían no Programa electoral.

O popular insiste en que “o Goberno nacionalista debe dar resposta as problemáticas acaecidas polo progresivo envellecemento da poboación do noso Concello, debe prestar apoio as persoas maiores e asegurar a súa calidade de vida e participación social”.

Reclama tamén ao Goberno do BNG a elaboración dun censo de persoas maiores que viven soas, co fin de que conten cunha atención e uns recursos acordes a súa especial vulnerabilidade e evitar así posibles situacións de risco.

“É fundamental contar con esta relación que, respectando a normativa de protección de datos, recolla a información máis relevantes das persoas maiores que viven soas, para poder dispor de datos detallados sobre a situación destas persoas, co propósito de facilitarlles asesoramento sobre os distintos recursos asistenciais, comunitarios e de saúde, entre outros, garantindo unha mellora da súa calidade de vida, que evite posibles situacións de risco e promova a súa participación social”, explicou.

Para o popular, as institucións teñen a obrigación de velar polos máis desfavorecidos, para evitar que queden en desamparo e, para elo, o Goberno local, ten un amplo abano de recursos para as persoas maiores, “unhas medidas que ignora o Goberno do BNG, mentres si atenden, con grandes recursos, os intereses da súa ‘parroquia’”, subliñou.

Ignorar a realidade

Verea considera que o Goberno do BNG non pode seguir dando as costas a unha realidade que xa ignoraron os anteriores gobernos de esquerdas da capital de Galicia, xa que a poboación maior e os fogares unipersoais, non deixan de aumentar.

Segundo os últimos datos publicados polo IGE, no termo municipal de Santiago viven 22.837 persoas con idade de 64 o máis anos, o que supón máis do 23 % da totalidade de poboación do noso Concello.

“Neste contexto, a ferramenta que propoñemos, novamente, pode actuar como un instrumento de prevención e atención, que permitirá coñecer se a súa soidade é voluntaria ou, pola contra, é non desexada; e se estas persoas contan cunha rede de apoio familiar ou social”, subliñou.

Borja Verea reiterou, “este censo pode ser unha ferramenta de apoio para atallar un fenómeno, cada vez máis destacado como son as mortes en soidade, polo que grazas ao censo pódese evitar que o falecemento destas persoas pase inadvertido durante días ou incluso semanas, como ocorreu recentemente en Santiago, onde morreu unha muller de 93 anos que vivía soa e transcorreron días ata que os veciños deron a voz de alerta”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

politicappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo