ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Verea pregunta ao BNG se a Policía Local tiña orde de non sancionar cando se incumplía a ordenanza de ruídos

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de diciembre de 2023 a las 00:36

Compartir
  • Lembrou que “nós presentamos unha estratexia integral contra o ruído nocturno, na que xa deixamos claro que é esencial que se impliquen todos os axentes, incluída a propia hostalería, porque sen eles será imposible atallar este problema”.
  • Para o líder popular unha campaña como a que acaba de presentar o goberno do BNG non pode ser a principal ferramenta dun concello para solucionar un problema como o do ruído nocturno, que se leva padecendo desde hai anos. “Necesitamos mecanismos reais e non propaganda”, sinalou.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, amosou hoxe a súa sorpresa tras as declaracións do BNG sobre as sancións polo ruído nocturno. “A alcaldesa nacionalista debería explicar entón se ata o de agora a Policía Local tiña orde de non multar aos locais cando se incumplía a ordenanza”, subliñou, e calificou de “bochornosas” este tipo de afirmacións por parte do BNG.
Verea instou ao goberno a que se poñan a traballar porque levan xa medio ano e polo de agora o único que quedou claro é a súa incapacidade para xestionar e sacar adiante as cousas.

Así, lembrou que “nós presentamos unha estratexia integral contra o ruído nocturno, na que xa deixamos claro que é esencial que se impliquen todos os axentes, incluída a propia hostalería, porque sen eles será imposible atallar este problema”. Para o líder popular unha campaña como a que acaba de presentar o goberno do BNG non pode ser a principal ferramenta dun concello para solucionar un problema como o do ruído nocturno, que se leva padecendo desde hai anos. “Necesitamos mecanismos reais e non propaganda”, sinalou.
É por isto, insistiu, polo que ademais da propaganda, pedimos que se aplique o noso Plan de Acción Contra o Ruído.

PROPOSTA PLAN DE ACCIÓN CONTRA O RUÍDO DO PP DE SANTIAGO

Obxectivo: Poñer a Santiago na vangarda da loita contra o ruído nocturno

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

1. Elaboración dun Rexistro de chamadas á Policía Local para coñecer os afectados máis activos.
2. Elaboración de enquisas e estudos demoscópicos sectorializados para coñecer a extensión real, sabendo que moitos non denuncian.
3. Elaboración dun mapa de ruídos.
4. A utilización de mecanismos de medición modernos, que sexan áxiles, portátiles, fiables e de resposta inmediata; ou no seu caso coas mellores empresas.
5. A colaboración dos loca is de ocio é fundamental, sen o seu compromiso será moi difícil conseguir resultados reais, sobre todo fóra dos locais. Nesa colaboración público privada propoñemos tamén unha liña de axudas para a insonorización óptima dos locais de ocio.
6. Plan especial de Inspección.
7. Reforzamento policial naqueles puntos máis conflitivos.
8. Tramitación preferente dos expedientes que afectan ao ruído nocturno, tanto o que denuncia como no seu caso o sancionado saberán que é unha prioridade política.
9. Bonificacións no IBI ou outras medidas fiscais nas vivendas desvalorizadas polos ruídos e nos propietarios máis afectados.
10. Revisión normativa de todos os regulamento afectados: zonas acústicas saturadas, Ordenanza de ruídos, Plan Especial.

Etiquetas

politicasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo