ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Verea: «Os Beléns son unha oportunidade para converter Santiago nun destino de primeiro nivel»

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de enero de 2024 a las 14:29

Compartir

 

 

O líder popular destacou que “o Nadal de Santiago ben podería competir coas grandes capitais europeas, pero para iso temos que apostar de maneira seria e rigorosa polo noso, polas nosas tradicións”.

Como cada ano, o líder popular e o seu equipo cumpriron coa xa tradicional visita aos nacementos de Compostela, onde aproveitou para poñer en valor o labor destas fundacións, asociacións e familias.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, aposta pola tradición belenística compostelá como un dos principais atractivos da cidade durante o Nadal para converter así a nosa cidade nun destino de primeiro nivel.

Así, para Verea, se partimos de que o símbolo máis importante e tradicional destas festas é o Belén, sería especialmente importante promocionar as múltiples actividades belenísticas que xa existen na cidade, con rutas que permitan visitar os nacementos que instalen fundacións, asociacións e familias.

Como cada ano, o líder popular e o seu equipo cumpriron coa xa tradicional visita aos nacementos de Compostela, onde aproveitou para poñer en valor o labor destas fundacións, asociacións e familias. E é que Santiago conta hoxe en día cunha ducia de Beléns abertos ao público: San Fiz de Solovio, San Francisco, o Belén da Catedral de Santiago en San Agostiño, o Belén da Igrexa de San Caetano, o nacemento da Colexiata do Sar, o do Obradoiro, o Belén surrealista da Fundación Eugenio Granell, ou o da Igrexa de San Martín Pinario, entre outros.

Unha cifra, destacou Verea, “que desde logo non é baladí como punto de partida para poñer en marcha unha aposta seria por esta tradición de máis de 800 anos, fomentando a creación de talleres, mercados, certames, e apoiando dunha maneira activa aos que xa existen”. E é que a primeira representación do nacemento de Xesús levouna a cabo en 1223 San Francisco de Asís, cunha representación a escala do misterio da encarnación.

Ademais a primeira congregación franciscana fora de Italia foi a de Santiago de Compostela, pouco despois de que San Francisco de Asís peregrinase ata aquí entre 1213 e 1215, polo que cabe pensar que aquí seríamos uns dos primeiros en seguir esa tradición que creou Asis en 1223 e se extendeu por toda Europa. Verea tomou como exemplo de éxito Estrasburgo, que conta co mercado de nadal máis famoso e un dos máis antigos de Europa. Pero o Nadal alí non é só o seu mercado, o ambiente da cidade que se esmera en decorar as fachadas e as rúas, entre as que viaxan as panxoliñas de barrio en barrio. O éxito de ser considerada a capital europea do Nadal quizáis teña que ver cos 12 mercadiños que instalan nesa época ou coa decoración cada ano máis completa e máis barroca que o anterior.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O líder popular destacou que “o Nadal de Santiago ben podería competir coas grandes capitais europeas, pero para iso temos que apostar de maneira seria e rigorosa polo noso, polas nosas tradicións”. E temos unha estrutura urbana que se presta a elo, unha cidade Patrimonio da Humanidade, medieval, e unha cultura arraigada da que partir e crear unha imaxe tradicional de marca navideña que faga que Compostela sexa un dos destinos preferidos de Europa para visitar nesta época.

Etiquetas

belensnadalpoliticappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo