ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Verea insta a paralizar a «privatización do solo público» anunciada polo BNG

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de abril de 2024 a las 15:18

Compartir

 

 

Subliñou que “están xogando co futuro de miles de familias e, o que é máis triste, coas próximas décadas perdidas en Compostela, con anuncios que máis parecen impulsos infantís poucos solventes, cando o que realmente necesita a cidade é unha estratexia sólida e continuada”.

O líder popular engadiu que “poñeremos en marcha modelos cooperativos con alugueiros accesibles non só para familias novas, senón tamén a estudantes, maiores con rendas limitadas e persoas con discapacidade que precisen servizos asistenciais”

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclamou “a paralización inmediata do proceso de privatización e mercantilización do solo público que acaba de anunciar o BNG”. “Os nacionalistas -explicou o popular- o que queren é entregarlle ás construtoras privadas varios miles de metros cadrados de solo público”.

Verea destacou que é imprescindible que neses terreos “se constrúan vivendas sociais por tres vías: cedendo o solo a outra administración para a construción cen por cen pública; construíndo directamente o Concello, como están facendo noutras cidades; ou utilizando o mecanismo do dereito de superficie, co retorno obrigatorio de todo este solo ao patrimonio municipal”.

Borja Verea subliñou que “están xogando co futuro de miles de familias e, o que é máis triste, coas próximas décadas perdidas en Compostela, con anuncios que máis parecen impulsos infantís poucos solventes, cando o que realmente necesita a cidade é unha estratexia sólida e continuada que compatibilice, primeiro, habilitar solo privado, para construción privada; segundo, unha fortísima construción de vivenda social dedicada 100 % a alugueiro público e proporcionar vivendas con modelos de cohousing e fórmulas cooperativas como levamos meses propoñendo e como poremos en marcha cando esteamos gobernando”.

O líder popular engadiu que “poñeremos en marcha modelos cooperativos con alugueiros accesibles non só para familias novas, senón tamén a estudantes, maiores con rendas limitadas e persoas con discapacidade que precisen servizos asistenciais, co fin de recuperar o desenvolvemento harmónico de Compostela, para consolidar un Santiago no que todos poidamos estar a gusto”.

“A política destes nove meses do BNG é un auténtico caos, con medidas contraditorias que, ou ben, son consecuencia da ignorancia e a incapacidade ou, directamente, da mala fe e a mentira, xa que, por exemplo, ao mesmo tempo que anuncian o control de alugueiros, anuncian a venda de solo público, medida expresamente prohibida pola Lei de Vivenda nos municipios con zonas declaradas de mercado tensionado”, remarcou.

Outra incongruencia dos nacionalistas, destacou é que “ao mesmo tempo, que se publicita a creación dunha empresa pública de vivenda se lle entregan ao sector privado miles de metros cadrados deste tipo de terreos cando, precisamente, se supón que sería esta entidade a que debería construír directamente estas vivendas”.

“O BNG quere un modelo que suporá entregarlle solo público a construtoras privadas, que construirán vivendas nos módulos máis caros e para a venda, non para aluguer e, como dicía antes, enganar á cidadanía, porque ou queren declarar Santiago zona tensionada ou queren vender solo público, porque as dúas cousas non as permite a Lei”, indicou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O principal problema que ten hoxe Santiago é a vivenda, xa que as ”políticas do partido socialista de CA e agora do BNG racharon o desenvolvemento harmónico da cidade e seguen demostrándose letais para o futuro de Compostela, equivocáronse, equivócanse e queren seguir equivocándose”, subliñou popular.

Etiquetas

compostelapoliticappradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego