ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Verea celebra as vivendas colaborativas anunciadas pola Xunta e que levaba no seu programa

·        Verea remarcou que “estamos contentos de ser útiles dende a oposición, de marcar a axenda e de estar sempre por diante deste goberno decepcionante do BNG.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de octubre de 2024 a las 15:46

Compartir

·        “Traballamos por unha política de vivenda seria que levamos defendendo no Pleno e no noso programa e que se contrapon aos anuncios baleiros dun BNG máis preocupado pola súa axenda radical que polos problemas de toda a veciñanza compostelá”, destacou. 

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, afirmou hoxe que o PP volve a demostrar quen está traballando, quen está facendo cousas e quen está poñendo ganas e decisión”, en referencia ás vivendas colaborativas e ao cohousing que vai construír a Xunta de Galicia na parcela da Avenida de Xoán XXIII.

“Tanto no noso programa de goberno para Santiago nas pasadas eleccións municipais, como nos últimos meses, con varias iniciativas no Pleno municipal, deixamos claro que había que apostar polas vivendas colaborativas para a xente moza, a terceira idade e, tamén, con modelos interxeracionais”, subliñou o popular.

Verea remarcou que “estamos contentos de ser útiles dende a oposición, de marcar a axenda e de estar sempre por diante deste goberno decepcionante do BNG” e engadiu que toda a veciñanza compostelá coñece que as tres grandes propostas que, hoxe, están en marcha en Compostela son grazas á nosa iniciativa, ao noso empuxe e a nosa enerxía”.

O popular tamén se amosou persoal e especialmente satisfeito “de ter conseguido para todos a senda peonil que unirá Milladoiro con Santiago, cunha inversión de 12 millóns de euros, e que suporá un antes e un despois na mobilidade da cidade. Por outra banda, quixo lembrar as chanzas do BNG, CA e  PSOE cando presentou o seu proxecto de aparcadoiro para o Hospital Clínico, tendo que escoitar incluso que esa iniciativa nunca se ía levar a cabo, é que a día de hoxe ata a alcaldesa defende como a mellor solución para a contorna hospitalaria, “un proxecto que puxemos á disposición tanto da Xunta como do Concello porque consideramos que o noso compromiso con Santiago está porriba de cores políticas”, matizou Verea. E agora, destacou, “conseguimos o primeiro edicifico 100% público de vivendas colaborativas a 300 metros da praza do Obradoiro, este é o Santiago de progreso, universal e de futuro que eu defendo fronte ao Santiago acomplexado, pequeno e sen ganas deste decepcionante BNG; traballamos por unha política de vivenda seria que levamos defendendo no Pleno e no noso programa e que se contrapon aos anuncios baleiros dun BNG máis preocupado pola súa axenda radical que polos problemas de toda a veciñanza compostelá”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O líder popular rematou afirmando que “quen vote por nós, polo Partido Popular de Santiago, vai votar por proxectos transformadores, por proxectos que cambien a cidade, e aquí están estes 3 exemplos”.

Etiquetas

compostelapoliticiasantiagovivendaxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Bouza carga contra a “inutilidade absoluta” de Sanmartín e Rueda ante a emerxencia da vivenda
Actualidad

Bouza carga contra a “inutilidade absoluta” de Sanmartín e Rueda ante a emerxencia da vivenda

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»