ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Verea carga contra Sanmartín por “non cumprir o que asina” sobre a xestión da auga

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar “un novo exemplo flagrante de incumprimento da palabra dada” por parte da alcaldesa, Goretti Sanmartín, en relación ao modelo de xestión do servizo da auga.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de marzo de 2026 a las 13:59

Compartir

Verea comezou agradecendo a presenza dos medios e explicou que se lles entregou documentación que tamén será remitida a todos os medios de comunicación. Nesa documentación, segundo destacou, “pódese ver claramente como Goretti Sanmartín asina, co seu puño e letra, que o modelo de xestión da auga debe decidirse democraticamente no Pleno”.

“É necesario ter a cara de cemento armado para dicir agora que non interesa a vontade democrática do Pleno, que non deixa de ser a vontade democrática de todos os santiagueses”, afirmou. O líder popular preguntouse por que na lexislatura pasada a propia Sanmartín “asinou, votou e obrigou a que o modelo de xestión fose decidido democraticamente” e, sen embargo, agora pretende “saltarse esa vontade”.

Segundo explicou, trátase dun documento “claro, expreso e sen matices”, no que a alcaldesa “firma nun documento oficial que non se licitará o servizo ata que o Pleno determine a forma de xestión”. Ante isto, Verea cuestionou “como se pode cualificar a un representante público que non cumpre o que asina”, e apuntou a adxectivos como “incumpridor?, falto de palabra?, hipócrita? ou oportunista?”.

O dirixente popular asegurou que este é “un caso máis dunha alcaldesa que leva tres anos demostrando que non cumpre os seus compromisos”, definíndoa como unha persoa “de conviccións fráxiles, con criterios cambiantes e na que non se pode confiar”. “A ninguén nos gustaría ter unha amiga así, que te deixa tirado, que non ten palabra; pois tampouco é aceptable ter unha alcaldesa que fai o mesmo cos cidadáns”, engadiu.

Verea criticou tamén que, ao non contar cunha maioría suficiente, o goberno municipal “decide abandonar o principio democrático” que eles mesmos defendían anteriormente.

Nun segundo bloque da súa intervención, o líder do PP puxo o foco na decisión do goberno de solicitar novos informes sobre o modelo de xestión. “Se xa encargaron un informe de 80.000 euros que, segundo eles mesmos, di claramente que a opción é a sociedade mixta, por que necesitan agora outro informe?”, preguntou.

Neste sentido, lembrou que foron os propios BNG e CA os que votaron no Pleno baseándose nese informe para defender a sociedade mixta. “Que máis informes necesitan para decidir que? Continúan a rirse de todos os santiagueses”, denunciou.

Ademais, cuestionou por que, se se van salta o Pleno e están convencidos da sociedade mixta, “non comezaron xa a traballar nela”, insistindo en que a actuación do goberno responde a unha falta de coherencia e de rumbo.

Para Verea, esta situación evidencia que tanto o BNG como CA e o PSOE “quedan retratados diante de toda a cidade como forzas políticas sen palabra, cuxa firma non vale nada”.

O líder popular concluíu asegurando que esta actitude forma parte dunha “deriva” na que a alcaldesa “dilapidou en tres anos todo o seu capital político”. “Todos podemos equivocarnos, pero o que a cidadanía non perdoa é que se minta”, advertiu, cualificando a situación de “gran decepción”.

Finalmente, Verea criticou que “o único proxecto político” do goberno municipal sexa “cruzar os dedos cada día para que o Partido Popular non acade a maioría absoluta”, en lugar de ofrecer solucións reais para a cidade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

contrato da augapartido popularpoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago