ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportesPolítica

Verea aposta por Santiago para acoller unha proba ciclista clásica do Circuíto Internacional

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de mayo de 2024 a las 17:57

Compartir
  • Este tipo de eventos deportivos moven unhas 5.000 persoas, entre prensa, equipos e organización, sen contar coa gran cantidade de afeccionados que as seguen.
  • Máis de 120 delegados de 51 de federacións nacionais, se deron cita en Santiago, pero esta actividade non contou co apoio dos nacionalistas, a pesar dos intentos da organización para poder manter unha reunión previa, para formalizar unha visita ao Concello.

O líder popular, Borja Verea, asegura que Santiago é o mellor escenario para acoller unha proba ciclista clásica do Circuíto Internacional, que podería partir dunha cidade portuguesa e ter como meta a capital de Galicia. Este tipo de eventos deportivos moven unhas 5.000 persoas, entre prensa, equipos e organización, sen contar coa gran cantidade de afeccionados que as seguen.

Verea, acompañado do concelleiro, José Antonio Constenla, mantivo un encontro con David Lappartient, presidente da Unión de Ciclismo Internacional (UCI); Enrico Della Casa, presidente da Unión Ciclista Europea; e o presidente da Federación Española, José Luís López Cerrón.

Máis de 120 delegados de 51 de Federacións Nacionais encabezados polo presidente da UCI e vicepresidente do Comité Olímpico Internacional, déronse cita en Santiago, no Congreso da Unión de Ciclismo Europeo e de representantes da Unión Ciclista Internacional, co fin de reflexionar sobre o futuro deste deporte e preparar os grandes eventos deste ano.

Esta actividade non contou co apoio dos nacionalistas, a pesar dos múltiples intentos da organización, para poder manter unha reunión previa con Goretti Sanmartín, co fin de poder formalizar unha visita ao Concello.

Para o líder popular, esta negativa, por parte dos nacionalistas, “foi outra oportunidade perdida para que Santiago amose a súa imaxe de cidade acolledora e vangardista; e o BNG desaproveitou a ocasión de empezar a traballar para que a capital de Galicia acolla unha proba clásica de ciclismo, como ocorre noutros lugares de Europa e que tanta repercusión teñen”.

“O BNG parece non ter en conta os gustos dos composteláns, que sempre demostraron a súa afección por este deporte”, sinalou Verea.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Non hai máis que observar a importante acollida que tivo a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión, que se celebrou o pasado domingo e que contou con máis de 250 participantes; ou a importante expectación que se produce na cidade cada vez que Santiago se convirte en paso ou meta de probas como a Volta Ciclista a España ou doutras carreiras que deciden ter como fin de etapa a capital de Galicia.

Etiquetas

ciclismocomposteladeportespoliticaradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego