ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Verea ante o peche da base de Ryanair na cidade: “o cóctel do PSOE e BNG é letal para Santiago”

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de septiembre de 2025 a las 15:06

Compartir
  • O líder popular destacou que “Santiago non pode resignarse a perder o seu obxectivo que é transformar o Aeroporto de Lavacolla no aeroporto internacional referente do noroeste peninsular, e moito menos por culpa de decisións políticas equivocadas”.
  • “Para os que din que a industria turística non xera emprego, que llo vaian explicar ás 120 familias que van perder o seu traballo un día antes do comezo dos colexios dos seus fillos”, incidiu Verea.

O líder do Partido Popular, Borja Verea, salientou hoxe que “o cóctel de PSOE e BNG é letal para Santiago”, tras o anuncio de Ryanair de pechar a súa base en Compostela. E é que “a nefasta xestión do PSOE desde AENA e as políticas turismofóbicas do BNG desde Raxoi estanse cargando o Aeroporto de Lavacolla”.

Verea lamentou así que “o Goberno central do PSOE non amosase vontade nin capacidade para sentar con Ryanair e buscar alternativas que garantisen a continuidade da base”. “Estamos por tanto ante outro exemplo -continuou- do maltrato do PSOE de Pedro Sánchez a Santiago e a Galicia. Un maltrato do que é cómplice o seu socio aquí en Santiago, o BNG”.

Neste senso o líder popular manifestou que “no goberno de BNG e CA teñen que estar encantados porque se está cumprindo ao pé da letra a súa folla de ruta turismofóbica; unha cidade máis pequena, máis illada e máis pechada”; “nós – insistiu- defendemos todo o contrario, un cambio total nas políticas para devolver a Santiago o seu carácter universal, aberto e cosmopolita».

O popular incidiu tamén na perda de postos de traballo que supón esta decisión, «para os que din que a industria turística non xera emprego, que llo vaian explicar ás 120 familias que van perder o seu traballo un día antes do comezo dos colexios dos seus fillos”. “O goberno de Pedro Sánchez non se implicou en defender uns empregos e unha infraestrutura estratéxica para Galicia, demostrando a súa falla de estratexia e de visión de futuro por parte de AENA”, engadiu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, Verea reiterou o compromiso do PP de Santiago coa defensa do emprego, da conectividade e da vocación internacional da capital galega: “Santiago non pode resignarse a perder o seu obxectivo que é transformar o Aeroporto de Lavacolla no aeroporto internacional referente do noroeste peninsular, e moito menos por culpa de decisións políticas equivocadas”.

Etiquetas

borja vereapartido popularpoliticaryanair
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo