Unhas 140 persoas do Club de Xubilados de Lousame desfrutaron do Xantar de Nadal
Líder Redacción
11 de diciembre de 2023 a las 17:56
11 decembro de 2023.- Preto de 140 persoas desfrutaron onte domingo do tradicional xantar de Nadal que organiza o Club de Xubilados de Lousame no restaurante O Trapeiro (Tállara- Lousame). Un evento que estivo presidido por Francisco Abelino García, presidente do Club de Xubilados de Lousame, quen estivo acompañado polo tenente de alcaldesa, Esteban Ares García; pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e polo concelleiro de Seguridade Viaria e Protección Civil, José Antonio Ces Barrreiro.

A festa comezou ás 14:00 horas no restaurante O Trapeiro. Despois de xantar, as persoas asistentes puideron desfrutar dun amenizado polo dúo “Aires de Broña”, que precedeu ao sorteo dunhas cestas de Nadal.



