ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSociedad

Una delegación padronesa viaxará ao Sáhara con axuda humanitaria

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de diciembre de 2023 a las 23:59

Compartir
  • A misión encabezada pola concelleira Mariló Saco prestará apoio na rexión do 5 ao 10 de decembro
  • O goberno local agradécelle ás empresas, aos centros educativos e aos particulares a súa xenerosidade á hora de aportar material de primeira necesidade
  • A iniciativa busca proporcionar asistencia tanxible e sensibilizar sobre a situación do pobo saharaui
  • As restricións de espazo e de peso establecidas pola organización da misión humanitaria impediron un chamamento xeralizado

Padrón. 01-12-2023.- O Concello de Padrón recadou axuda humanitaria para a poboación saharauí, que lle será enviada a vindeira semana nunha misión humanitaria na que participará a concelleira de Servizo Sociais, Xuventude e voluntariado, Mariló Saco.

O salón de pleno acolleu este venres 1 de decembro o acto de agradecemento a todas as empresas, aos centros educativos e aos particulares que contribuíron nesta doazón. Oalcalde, Anxo Arca, xunto as concelleiras de Urbanismo, Ana Belén Castro; de Participación cidadá, Laura Horta; e de Servizos Sociais e voluntariado, Mariló Saco, amosaron a súa satisfacción pola gran resposta do tecido social da vila á hora de colaborar nesta importante iniciativa. A delegación padronesa viaxará ao Sáhara do 5 ao 10 de decembro co obxectivo é brindar apoio ao pobo do Sáhara ante as necesidades críticas ás que se enfronta a rexión especialmente dende o Covid-19, cando moitos campamentos de refuxiados e refuxiadas perderon estrutura de axuda debido a pandemia e a imposibilidade de transporte.

Os colexios Flavia e Rosalía de Castro; as farmacias Nova e Baltar; a óptica Bragado; a zapatería Soletes; os Almacéns Eladio; Arañeira Informática; Berma Kiosko Patty; Librería Pensamentos; O Liño bordados; Peluquería Silvia's Look; e moitos particulares colaboran co envío de material. O Concello lamenta que non se puidese facer un chamamento xeralizado por mor das restricións de espazo e de peso establecidas pola organización da misión humanitaria a cada delegación.

O envío inclúe subministracións esenciais nos que se integran alimentos non perecedoiros e artigos de primeira necesidade como leite para os máis pequenos ou material educativo e mesmo doces co obxectivo de aliviar as dificultades que enfronta a poboación saharauí. A situación de extrema gravidade que padecen os campamentos de refuxiados fixo especialmente necesario o envío de medicamentos tan básicos como os ibuprofenos dos que carecen os hospitais.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O envío de material reflicte o compromiso do goberno local de Padrón cos principios humanitarios e a solidariedade internacional. Ademais de proporcionar asistencia tanxible, a iniciativa busca tamén sensibilizar á veciñanza padronesa sobre a situación no Sáhara e fomentar o compromiso con causas solidarias.

Etiquetas

padronsaharasolidaridade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’