ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Un monólogo cómico sobre a gordofobia clausura este venres o “Outono a escena” de Arzúa

Arzúa, 27 de novembro de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres a última actuación da programación cultural Outono a escena deste ano que ofertou nas fins de semana outonais dos meses de outubro e novembro un total de 14 propostas contando con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2024 a las 11:05

Compartir

O certame ofrece este venres, 29 de novembro, a derradeira sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co monólogo cómico O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada de Esther F. Carrodeguas, da compañía ButacaZero.

Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de autoficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura.

Esther F. Carrodeguas é actriz, directora, perfomer pero sobre todo escritora. Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e Licenciada en Periodismo entre Santiago de Compostela e Turín, os seus proxectos teatrais beben moito da súa faceta xornalística. Tras recibir varios premios, decide dar vida á plataforma profesional ButacaZero xunto a Xavier Castiñeira, quen adoita asumir a dirección dos proxectos comúns que propoñen un teatro que dialoga directamente co mundo actual. Na actualidade compaxina a súa faceta como empresaria en ButacaZero coa de ser dramaturga, directora teatral, actriz ou guionista de cine.

A función comezará ás 21:00h. e será de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade. A apertura de portas realizarase media hora antes do inicio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “ás veciñas e veciños a participar neste espectáculo e agradece a participación de todas as persoas que se achegaron a algunha función durante o outono, pois o éxito desta programación é grazas ao público”.

Etiquetas

arzuaculturagordofobiamonologo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición