ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Tussa e Castrosúa buscarán solucións ás demandas de mobilidade de Santiago

A sociedade municipal TUSSA e a startup MOBME, constituída polo Grupo Castrosúa para procurar solucións innovadoras de micro mobilidade nas cidades, van colaborar no estudo dunha solución ás demandas de mobilidade de Santiago. Así se recolle no convenio firmado pola alcaldesa Goretti Sanmartín, na súa calidade de presidenta do Consello de Administración de Tussa; e por Beatriz Castro, conselleira delegada da carroceira compostelá. No acto de sinatura participou tamén o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro.

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de mayo de 2025 a las 22:01

Compartir

En virtude do convenio de colaboración, que terá unha duración dun ano, TUSSA e MOBME colaborarán na realización das actividades de investigación e análise necesarias para identificar solucións de micromobilidade urbana alternativas e complementarias ao vehículo privado e ao transporte colectivo, que favorezan a intermodalidade a través de sistemas multimodais e adaptadas as características de Compostela.

O obxectivo compartido de ambas partes é avanzar nunha nova mobilidade máis sostible, menos dependente do coche privado, e que aposte medios brandos de transporte que permitan, ao mesmo tempo, a recuperación de espazo público para as persoas. Desta maneira, trátase tamén de darlle cumprimento ás directrices europeas, en materia de loita contra o cambio climático e transición enerxética, ao tempo que se procuran avances en prol dunha democratización real da mobilidade urbana.

O Goberno de Santiago salientou a importancia de que a administración municipal estableza vías de colaboración con empresas como Castrosúa, cunha longa implantación no concello e cunha clara aposta pola innovación, a eficiencia enerxética e a mobilidade sustentable.

Etiquetas

castrosuacompostelaconveniomobilidadesantiagotussa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público na contorna de Santiago
Actualidad

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público na contorna de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica