ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSociedadTurismo

Turismo de Santiago e a Xunta de Confrarías presentan o programa de Semana Santa

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de febrero de 2024 a las 13:45

Compartir

 

 

22/02/2024 A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, o arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, e a presidenta da Xunta da Confrarías, María Elena Bernárdez, presentaron no Pazo de Raxoi o folleto que recolle o programa de actividades que neste ano se desenvolverán xa dende finais de febreiro e ata primeiros de abril arredor da Semana Santa. O programa en papel está xa dispoñible na oficina de información de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar, así como nas sedes das distintas confrarías de Santiago.

A Semana Santa é un atractivo turístico de Santiago, tal como recoñece a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, que recibiu no ano 2018. Trátase ademais dun evento que tradicionalmente marca o comezo da temporada alta turística na cidade. Por iso, un dos obxectivos é promocionar, ademais dos propios días centrais da celebración, as actividades que se desenvolven previamente para fomentar a desestacionalización.

Por estes motivos, dende o Concello de Santiago, en colaboración coa Xunta de Confrarías, edítase cada ano un folleto que recolle tanto as celebracións relixiosas e litúrxicas propias destas datas, como outro tipo de actividades dirixidas a distintos perfís de turistas: culturais, gastronómicas e de natureza.

O folleto recolle as 16 procesións que percorren o casco histórico compostelán dende o Venres de Dores ata o Domingo de Resurección, contando ademais, cunha procesión de traslado a «Dominica In Albis» o segundo Domingo de Pascua. Todas elas, organizadas polas 11 confrarías que hai na cidade, percorren as inmediacións da Catedral de Santiago.

O programa inclúe as actividades culturais e exposicións que terán lugar durante estas semanas. Tamén destaca os concertos que se celebrarán dentro de «De Lugares e Órganos», ciclo musical centrado no patrimonio organístico de Santiago. Ademais, inclúe os horarios de apertura de igrexas, algunha das cales abre excepcionalmente en Semana Santa.

Respecto da gastronomía, inclúense dúas propostas: as datas finais de Santiago(é)tapas, o concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago, que remata o tres de marzo; e, en especial, a celebración da Festa das Uñas de San Lázaro, que terá lugar do 16 ao 18 de marzo, e na que se pode degustar o tradicional prato de uñas en máis de vinte locais, tanto do barrio de San Lázaro como doutros barrios de Compostela.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, inclúese unha proposta para amantes da natureza baixo o nome de «Santiago Natural», recomendando en concreto a senda fluvial «O berce do Sar» con motivo das festas do barrio. Trátase dunha ruta de 5,5 kilómetros que atravesa de parte a parte o barrio de San Lázaro da cidade, seguindo o río Sar augas arriba, ata o seu nacemento. O paseo permite coñecer o pasado e presente de Compostela, pasando a carón de antigos curtidoiros, vellos muíños e fontes que amosan os diferentes usos do río na antigüidade, e tamén de construcións máis modernas para facilitar o desenvolvemento urbano.

Etiquetas

compostelaradio lider santiagosantiagosemana santa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha