ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

Tunos de España e Países Baixos en concerto este sábado en Santiago

 

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de febrero de 2024 a las 18:15

Compartir

 

 

Ofrecerán un concerto o sábado no Auditorio Abanca, ás 19:00 h

As entradas poden adquirirse por 5 euros para o patio de butacas e por 3 € para o anfiteatro

 Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- Os “VI Encontros Troyanos en Compostela” celébranse esta fin de semana en Santiago. É unha iniciativa impulsada pola Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya, co obxecto de reunir na capital galega a agrupacións musicais de corda pulsada, conformadas na súa marioría por antigos tunos, co fin de que interpreten o seu repertorio para cidadáns e visitantes. No evento colaboran a Deputación da Coruña e Afundación – Obra Social Abanca.

O acto central destes Encontros terá lugar o vindeiro sábado, 2 de marzo, cun concerto no Auditorio Abanca de Santiago, a partir das 19:00 horas. As entradas para o concerto -cuxa recadación se destinará ao Museo Casa de la Troya- poden adquirirse por 5 euros para o patio de butacas e por 3 euros para o anfiteatro. Estarán dispoñibles no Museo Casa de la Troya o xoves 29 de febreiro e o venres 1 de marzo, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e o sábado 2 de marzo pola mañá, de 11:00 a 14:00 h; e no Auditorio Abanca o mesmo día do concerto, de 17:00 a 19:00 h. Con este evento arranca a programación anual do Museo Casa de la Troya, que nas citadas datas estará aberto tamén para visitas.

«Continuamos coa liña de anteriores Encontros de achegar as nosas músicas tanto á cidadanía de Compostela como aos visitantes; co obxectivo de divulgar o noso repertorio, integrado por pezas que forman parte da banda sonora de Santiago, mesturando as cancións galegas con músicas de diferentes latitudes» -explica Benigno Amor, presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o Museo Casa de la Troya-.

Encontro de tunas veteranas

No concerto actuarán, ademais dos anfitrións -Troyanos de Compostela- a Tuna de ICAI (Instituto Católico de las Artes y la Industria- ICADE de Madrid), a Tuna de Ingenierios Industriales de Zaragoza, a Tuna Universitaria de Vitoria-Gasteiz e a Tuna Ciudad de Luz de Eindhoven (Países Baixos). Todas as agrupacións participantes nestes Encontros están conformadas por persoas afeccionadas á música que na actualidade son profesionais en distintos ámbitos, unidos pola súa pertenza a unha Tuna Universitaria durante a súa etapa académica.

A agrupación Troyanos de Compostela, nacida en 2013, xurdiu como proxecto vencellado ao Museo Casa de la Troya co propósito de investigar, promover e divulgar a música para instrumentos de pulso e púa que tocaban as tunas en Santiago a finais do século XIX e comezos do XX (época da novela La casa de la Troya de Pérez Lugín); e lembrar a figura e a obra de diversos compositores galegos daquel tempo. Desde a súa presentación, o grupo realizou diversas actuacións, tanto en Santiago e na súa contorna como noutras localidades de Galicia, España e Portugal. En 2018 presentaron o seu disco “Viva Galicia! A música no tempo da Casa da Troia”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

compostelaconcertoradio lider santiagosantiagotroyanostunos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.