ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSociedad

Trinta cantantes de 15 países competirán no VIII Concurso de Canto Compostela Lírica

Un total de trinta solistas procedentes de 15 países participarán esta fin de semana no VIII Concurso de Canto Compostela Lírica. Este certame, que está organizado pola Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela dende a súa posta en marcha, ten como obxectivo promover, apoiar e difundir as carreiras incipientes no ámbito lírico de menores de 35 anos. Voces procedentes de España, China, Cuba, Arxentina, Venezuela, Portugal, Suíza, Corea do Sur, Eslovaquia, República Checa, Suecia, Australia Perú, Francia e Ucraína foron escollidas na selección previa entre as 80 persoas inscritas e orixinarias de 22 países diferentes. Esta trintena de cantantes actuará este sábado a partir das 17.00 horas no Auditorio de Galicia fronte ao xurado da competición, que elixirá dez finalistas que se disputarán o sábado ás 19.00 horas no mesmo recinto os catro galardóns que entrega o certame. As dúas citas serán abertas ao público e de acceso libre.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de noviembre de 2025 a las 14:56

Compartir

O presidente de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, Jesús Couceiro, compareceu hoxe en rolda de prensa na compaña de Miriam Louzao, concelleira de Capital Cultural do Concello de Santiago, e Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, para presentar ante os medios a final deste VIII Concurso de Canto Compostela Lírica. Couceiro agradeceu a colaboración tanto do Concello como da Xunta, institucións que xunto a Fundación José Otero-Carmela Martínez fan posible este certame. “Un certame que, tras oito edicións, está máis que consolidado no panorama lírico internacional”, salientou o presidente de Amigos da Ópera, quen fixo referencia aos cantantes procedentes de diferentes puntos do mundo que concorren neste 2025 e as voces gañadores que levaron este premio en edicións anteriores. Unha nómina de gañadores e gañadores que inclúe o serbio Milan Perišić (2024), a polaca  Paulina Bielarczyk (2023), a andaluza Carmen Buendía (2022), a madrileña Natalia Labourdette (2021), o galego Christian Gil-Borrelli (2020), a ucraína Olga Syniakova (2019) e a romanesa Alejandra Esteban (2018).

Premios e xurado

Amigos da Ópera de Santiago repartirá 7000 euros entre as voces gañadoras nuns galardóns que virán acompañados con diplomas acreditativos e con varios recitais remunerados. Deste xeito, o primeiro premio está dotado con 4000 euros, cunha actuación coa Real Filharmonía de Galicia, cun recital no marco do Festival Les Musicales du Luberon e cun rol de temporada na Ópera de Oviedo. O segundo galardón constará de 2000 euros e unha actuación remunerada en Santiago de Compostela, mentres que o terceiro disporá de 1000 euros. Por último, as voces galegas que participarán esta fin de semana no concurso competirán por unha distinción a maiores: o Diploma Andrés Gaos, que inclúe unha actuación remunerada no marco das actividades do Consello da Cultura Galega.

O xurado responsable de decidir este palmarés está formado polas seguintes voces autorizadas: Patrick Canac, presidente e fundador de Les Musicales du Luberon; Elisabete Matos, directora artística do Teatro São Carlos de Lisboa entre 2019 e 2023; Aquiles Machado, tenor e director artístico da Tempada Lírica de A Coruña; Maciej Pikulski, pianista; Victoria Stapells, crítica musical; Graziela Valceva Fierro, mezzosoprano e profesora de canto; Celestino Varela, director artística da Ópera de Oviedo, e Arturo Reverter, crítico musical encargado de presidir o xurado. Actuará como secretario, sen voz nin voto, José María Miranda Boto, membro da Xunta Directiva de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

Asociación Amigos da Ópera de SantiagoAsociación Amigos operaConcurso de Canto Compostela Líricajesus couceiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Jesús Couceiro: “A Ópera en Santiago vive un momento de madurez e ilusión colectiva”
Actualidad

Jesús Couceiro: “A Ópera en Santiago vive un momento de madurez e ilusión colectiva”

Amigos da Ópera de Santiago celebra o Concurso de Canto Compostela Lírica e presenta o novo Coro Masculino
Actualidad

Amigos da Ópera de Santiago celebra o Concurso de Canto Compostela Lírica e presenta o novo Coro Masculino