ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Tradición e produto local nas Feiras do Abril de Val do Dubra

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de abril de 2025 a las 16:52

Compartir
  • O desfile de xoiería e cestería artesanal, punto culminante dunha fin de semana chea de actividades para todos os públicos.

Val do Dubra, 5 de abril de 2025. O Concello de Val do Dubra inaugurou esta mañá á nova edición das Feiras do Abril, unha celebración que mestura tradición, artesanía e gastronomía nunha cita xa imprescindible no calendario cultural da comarca. Desde primeira hora, veciñanza e visitantes achegáronse ao aparcadoiro de San Lourenzo de Bembibre, onde tivo lugar o mercado de artesanía, con postos variados e produtos elaborados por mans locais, apoiado pola Deputación da Coruña.

Ás 12:00 horas celebrouse o acto oficial de inauguración a cargo do alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, acompañado da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e do tenente alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira.

No acto tamén participaron outros membros da Corporación e alcaldes e representantes doutros municipios da comarca —A Baña, Negreira, Tordoia…— así coma da Deputación da Coruña. Non faltaron os sons e os pasos do grupo local Regueifa, poñendo en valor o patrimonio oral e musical galego. Xa ao mediodía, a gastronomía tomou o protagonismo coa Demostración de Produtos Gastronómicos do Val do Dubra, da man do recoñecido cociñeiro José Manuel Mallón, cunha proposta de petiscos elaborados a base de produtos da Terra do Xallas, nunha iniciativa apoiada polo GDR Terras de Compostela.

A partir das 13:00 horas, as persoas asistentes puideron gozar dunha degustación con especial protagonismo para a vaca cachena e o tradicional pan de Val do Dubra.

Continúa a celebración esta tarde coa artesanía e o deseño como protagonistas

Coa tarde por diante, a programación continúa cun taller de estampaxe “Amor ó Teu”, seguido dunha demostración de cestería tradicional a cargo de Luís do Río. O momento máis agardado da xornada chegará ás 18:30 horas, co desfile de xoiería e cestería artesanal, unha mostra do talento local e da creatividade dos nosos artesáns.

Este desfile é froito do traballo desenvolvido no Obradoiro de Ourivería coordinado por Susi Gesto, co impulso de Artesanía de Galicia, e contará con pezas únicas da propia Susi e de Sara Viña (cesteira local), acompañadas por modelos e colaboracións especiais no vestiario da man da Asociación Xuvenil Regueifa, Brincadeira, Aduardo Rial e Nico Barcala. Neste desfile tamén participan os comercios locais: na decoración floral, da man da Floristería Alecrín e nos complementos, o molete de pan, a Panadería Sarote.

O broche da xornada porao a Orquestra Panamá, seguida da Disco móbil MG, nunha sesión de “tardeo” que se estenderá ata a noite.

O domingo, a feira continuará cunha xornada dedicada á tradición rural, o contacto coa natureza e a posta en valor do mundo agrario e apícola. Desde as 10:00 ata as 14:00 horas, terá lugar unha exposición de gando, xunto ao mercado de artesanía que continuará aberto durante toda a xornada. Ás 11:00 horas, celebrarase unha demostración de cestería coa artesá local Sara Viña, e ás 11:30 horas, os amantes dos cabalos poderán participar nunha ruta cabalar (prazas completas en menos de dúas horas desde a apertura da inscrición!).

Un dos momentos máis curiosos será o simulacro de protección civil, que se realizará ás 12:00 horas, seguido dunha actuación do Trío Alborada ás 13:00 horas. Xa pola tarde, ás 16:30 horas, terá lugar un faladoiro de apicultura, impartido por Alfonso Priegue, e ás 17:30 horas, pecharase o día coa exhibición de cans de agility na área recreativa de Bembibre a cargo de Mascoguau.

O luns 7, o protagonismo será para a gastronomía coa Festa da Empanada e a presenza dos foodtrucks da campaña Galicia Sabe Amar, promovida pola Xunta de Galicia, que traerán petiscos mariñeiros ao Campo da Feira de Bembibre de 11:00 a 18:00 horas. A actuación do Dúo Matices e a polbeira completarán o día.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello de Val do Dubra convida á cidadanía a seguir gozando das Feiras do Abril, unha proposta para toda a familia onde tradición e modernidade van da man.

Etiquetas

bembibrefeiras do abrilval do dubra
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Preocupación en Val do Dubra polo peche da oficina de Banco Sabadell
Comercio

Preocupación en Val do Dubra polo peche da oficina de Banco Sabadell

Val do Dubra reclama manter a atención dos sábados no centro de saúde
Comarca

Val do Dubra reclama manter a atención dos sábados no centro de saúde

Val do Dubra pecha tres días de Feiras de Abril cun gran éxito de participación
Actualidad

Val do Dubra pecha tres días de Feiras de Abril cun gran éxito de participación

Abalde: «As Feiras de Abril son un lugar de encontro e de dinamización económica e social»
Comarca

Abalde: «As Feiras de Abril son un lugar de encontro e de dinamización económica e social»