ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Abalde: «As Feiras de Abril son un lugar de encontro e de dinamización económica e social»

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de abril de 2026 a las 17:19

Compartir
  • “As Feiras de Abril son un exemplo do dinamismo do rural galego e da importancia de preservar e promover as nosas tradicións como motor de desenvolvemento local”, declarou o subdelegado, Julio Abalde.
  • O evento reúne artesanía, gando, gastronomía e actividades culturais nun ambiente familiar. A cita consolídase como un referente no calendario local e comarcal.

Val do Dubra, 4 de abril de 2026.– O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, participou esta mañá na inauguración dunha nova edición das Feiras de Abril en Val do Dubra, acompañado polo alcalde, Diego Díaz, na carpa do Mercado de Artesanía e comercio local, situada en Bembibre.

Durante a xornada inaugural déronse cita expositores locais, artesáns e sectores vinculados ao gando e á agricultura, nun evento que combina tradición, divulgación e lecer e que cada ano atrae a numerosos visitantes. As feiras, que comezaron hoxe, prolongaranse ata o vindeiro luns, consolidándose como un dos eventos máis agardados da contorna.

O subdelegado destacou o valor destas iniciativas para poñer en valor o patrimonio rural, así como o seu papel na dinamización económica e social do territorio, favorecendo o encontro entre produtores, veciñanza e visitantes. “As Feiras de Abril son un exemplo do dinamismo do rural galego e da importancia de preservar e promover as nosas tradicións como motor de desenvolvemento local”, declarou Julio Abalde.

As Feiras de Abril contan cunha ampla oferta que inclúe mercado de artesanía, exposición de gando, demostracións tradicionais, talleres e propostas musicais, convertendo Val do Dubra nun punto de encontro familiar arredor da cultura e das tradicións do rural galego.

Etiquetas

feiras do abriljulio abaldesubdelegado do gobernoval do dubra
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Preocupación en Val do Dubra polo peche da oficina de Banco Sabadell
Comercio

Preocupación en Val do Dubra polo peche da oficina de Banco Sabadell

Val do Dubra reclama manter a atención dos sábados no centro de saúde
Comarca

Val do Dubra reclama manter a atención dos sábados no centro de saúde

Val do Dubra pecha tres días de Feiras de Abril cun gran éxito de participación
Actualidad

Val do Dubra pecha tres días de Feiras de Abril cun gran éxito de participación

Val do Dubra inaugura as Feiras do Abril con actividades ata o luns
Comarca

Val do Dubra inaugura as Feiras do Abril con actividades ata o luns