Traballos de poda en Padrón
Líder Redacción
13 de noviembre de 2023 a las 13:39
- O obxectivo é protexer as árbores senlleiras do municipio e reducir os riscos ante situacións meteorolóxicas adversas de vento e de chuvia

Padrón. 13-11-2023.- O Concello de Padrón realizou estes días diferentes traballos de poda co obxectivo de protexer as árbores senlleiras do municipio e reducir os riscos ante situacións meteorolóxicas adversas de vento e de chuvia.
Esta poda levouse a cabo de xeito respectuoso baixo asesoramento técnico especializado e conforme a criterios científicos que reducen o risco de lesións para as árbores.
O Concello vai seguir traballando na conservación en na protección das nosas árbores pois o goberno local as considera elementos fundamentais dos seus espazos máis recoñecibles.




