ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

Tona publicará o 2 de decembro ‘Cruseiro’, o seu primeiro EP «feito para bailar”

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2025 a las 20:41

Compartir
  • O novo proxecto musical liderado por Miguel Cernadas (Terbutalina) presentará o seu disco debut o sábado 6 de decembro na Foliada da Fonsagrada 
  • Rumbas, jotas e muiñeiras soan nun álbum festivo e retranqueiro no que o blues se mestura con melodías da terra

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025.- Tona, o proxecto musical liderado por Miguel Cernadas (Terbutalina), dará a coñecer o 2 de decembro o seu álbum debut, titulado ‘Cruseiro’; un traballo no que se cruzan, como non podería ser doutro xeito, sonoridades diferentes e coplas retranqueiras que convidan a bailar.

‘Cruseiro’ ten un pouco de todo. Disto e un pouco daquelo. Tanto da montaña coma da ribeira. Mestura blues con melodías da terra. Ten harmonía, ten melodía e, obviamente, ten retranca. Sen dúbida, “é unha apoloxía da aldea, da língua, do noso carácter e da nosa tradición”, sinala Miguel Cernadas sobre un álbum do que xa se coñecen catro temas: ‘Maio’, ‘O casal’, ‘Rhumba95’ e ‘Carracho’.

“Tona nace da necesidade de seguir facendo música, aprendendo, investigando… Da curiosidade e tamén da aventura. De buscar sonoridades diferentes para botarlle o que sempre se botou, xa que, neste ‘Cruseiro’ hai rumba, hai pasodoble, hai jota e hai muiñeiras”, explica Cernadas sobre o álbum, que define como “festivo e feito para bailar”. Para mostra, a festa escollida para a estrea: a Foliada da Fonsagrada (sábado 6 de decembro, a partir das 12.00 horas), que este ano celebra a súa décima edición.

Tona conta con Miguel Cernadas  na voz e composición; Tomás Ageitos (Compañía do Ruído, Das Kapital) na batería e composición; Andrés Real (Oh Ayatollah) ao baixo; Roberto Comesaña no acordeón; e Gutier Álvarez no violinofón. Todos eles acompáñanse de Víctor Álvarez como coautor, arranxista e técnico de son ao vivo.

Etiquetas

cruseiroculturamusicatona
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”
Actualidad

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo
Actualidad

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González