ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

“Todos sabiamos que en Santiago hai unha alcaldesa independentista que non lle gusta a Selección Española»

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de julio de 2024 a las 16:02

Compartir
  • O que non coñeciamos, explica Borja Verea é que podía ser, aínda, máis radical que Bildu, que goberna en Pamplona e si vai poñer pantallas xigantes”, subliñou.
  • Para o líder popular recordou que o PP de Santiago xa pedira, hai un ano, que “se puxesen pantallas para a final da Selección feminina e tampouco quixeron, puídolles máis o AntiEspaña que o propio feminismo”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, tacha de “radical e triste” ao BNG, por negarse a colocar unhas pantallas xigantes na praza Roxa, este domingo, día 14, para poder compartir e desfrutar coa veciñanza de Compostela a final da Eurocopa 2024 da Selección Española de Fútbol.

“Todos sabiamos que en Santiago hai unha alcaldesa “independentista” e, polo tanto, non lle gusta a Selección Española, o que non coñeciamos é que podía ser, aínda, máis radical que Bildu, que goberna en Pamplona e si vai poñer pantallas xigantes”, subliñou.

Para o popular, “son tan previsibles, o BNG, a alcaldesa, son tan tristes, que representan, incluso sendo independentistas, a ese independentismo en branco e negro, en analóxico” e recordou que o PP de Santiago xa pedira, hai un ano, que “se pusexen pantallas para a final da Selección feminina e tampouco quixeron, púidolles máis o antiEspaña que o propio feminismo”.

Así mesmo, aclarou que as desculpas de que “non teñen tempo” e que dita actuación “ten un custe público” son, simplemente, exemplos de desleixo, falta de interese e poucas ganas de traballar, ademais, lembrou que “cunha mensualidade, non un salario, cunha soa mensualidade de calquera deses 30 asesores, altos cargos e amigos, con eses soldazos, teriamos esas pantallas na praza Roxa”.

Verea remarcou que “teñen 6 concelleiros de 25 e seguen empeñados, día a día, en demostrar que non están, nin sequera, á altura deses 6 concelleiros, xa non digo nada á altura dunha cidade como Santiago ou á dos cidadáns de Compostela”.

“Nós, explicou, o que queríamos era converter o domingo pola tarde, a final da Eurocopa, nunha festa de todos na praza Roxa, con música e con pantallas xigantes, porque isto tamén é construír cidade, isto tamén é construír recordos colectivos, eu lembro vivir o ascenso da SD Compostela, hai 30 anos, nunhas pantallas xigantes”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Borja Verea insistiu en que “estou seguro de que moita xente nova, moita rapazada, moitas familias achegaríanse á praza Roxa a pasalo ben, a vivir un momento de alegría e, como dicía, a construír un deses recordos colectivos”.

Etiquetas

compostelaeurocopapoliticaradio lider santiagosantiagoseleccion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego