ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Teo terá un orzamento de 18,5M€ para o ano 2025

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2024 a las 13:44

Compartir
  • Mantendo a senda dos actuais orzamentos, en 2025 están consignados 2,6 millóns de euros para o arranxo do viario e infraestruturas de titularidade municipal, unha suba de 1,1 millóns de euros con respecto aos orzamentos de 2024
  • En materia de servizos sociais, as novas contas reforzan o gasto do Servizo de Atención Familiar e Temperá, incrementando tamén as prazas no servizo ofrecido por Agadea para as persoas con alzhéimer
  • En canto a persoal municipal, vaise incrementar o número de traballadores no vindeiro ano 2025 dada a actual carga de traballo e os proxectos a medio e longo prazo que o Concello ten previstos abordar

Teo (A Coruña), 27 de novembro de 2024.- O Pleno do Concello de Teo, correspondente ao mes de novembro, debaterá hoxe os orzamentos para o vindeiro ano 2025, que se sitúan nos 18,5 millóns de euros. Uns orzamentos realistas que volven a poñer especial atención no arranxo das vías e das infraestruturas municipais cunha partida específica.

Asi, os orzamentos para 2025 están baseados nas necesidades da veciñanza pero sempre mantendo o principio de prudencia e estabilidade e xestionando os cartos públicos con criterio, racionalizando os gastos tal e como se fixo no presente exercicio. De feito, o consumo de combustible de automóbiles, que rondaba os 90.000 euros anuais co anterior Executivo pasou neste 2024 aos 49.000 euros, é dicir, un aforro do 45,5%. Ou o cambio de luminarias a LED, aínda en proceso, o que permitirá tamén un abaratamento dos custos na iluminación pública do concello.
Ademais, este novo presuposto non terá o lastre do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (REC) ao que tivo que facer fronte o Goberno local nos presentes orzamentos 2024, onde houbo que destinar preto de 900.000 euros ao pago de máis de 1.200 facturas pendentes de cobro e que non contaban consignación económica.

Agora, as arcas municipais van encarriladas e pretenden centrarse nas necesidades e demandas da veciñanza. Por iso, mantendo a senda dos actuais orzamentos, en 2025 están consignados 2,6 millóns de euros para o arranxo da rede viaria e infraestruturas de titularidade municipal, unha suba de 1,1 millóns de euros con respecto aos orzamentos de 2024.

Neste senso, o Goberno local ten claras as prioridades en materia de infraestruturas e xa ao longo do ano 2024 foi quen de arranxar máis dunha vintena de estradas municipais, incluíndo a humanización de varios núcleos. A isto cómpre engadir a dotación de aparcadoiros municipais -sen custo para as arcas do Concello-, o cambio integral na cuberta do pavillón municipal dos Tilos e as actuais reformas da Casa Común de Santa María de Teo e a sede da Policía Local, as cales verán melloradas a eficiencia enerxética.

Así mesmo, realizáronse actuacións para a ampliación e modernización da rede de sumidoiros, así como outras obras de infraestruturas básicas que procuran a mellora da calidade de vida da veciñanza, tal e como se está levando a cabo en Mazas, coa rede de pluviais, ou no Ferreiriño, coa primeira fase da rede de sumidoiros, entre outros.

Doutra banda, ao igual que en 2024, os impostos municipais permanecerán conxelados sen subas, xa que o incremento do Imposto de Ben Inmoble (IBI) é consecuencia dunha revisión catastral allea ao Concello, polo que o Goberno local manterá a súa porcentaxe de recadación.

Porén, debido a que o Goberno de España aprobou o pasado ano a Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, que afecta a domicilios particulares e locais, o dito imposto de recollida de residuos verase afectado, aínda que o Concello de Teo tratará de atrasar todo o posible a suba prevista.

Servizos sociais

En materia de servizos sociais, as novas contas reforzan o gasto do Servizo de Atención Familiar e Temperá, incrementando tamén as prazas no servizo ofrecido por Agadea para as persoas con alzhéimer. De feito, acaba de aprobarse o novo convenio do Servizo de Atención Temperá para o período comprendido entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2026. O dito convenio inclúe o aumento do cadro de persoal (2 psicólogos e outras dúas persoas a tempo completo) e a ampliación de número de prazas para os nenos e nenas de entre 0 e 6 anos que presentan algunha dificultade no seu desenvolvemento.

Por iso, o Concello de Teo ten moi clara a importancia do departamento de Servizos Sociais, consignándolle un orzamento de 3,57 millóns de euros -un 8%máis ca en 2024-, o que representa preto do 20% do orzamento global do Concello.

No tocante á conciliación, cómpre destacar que ningún neno de Teo quedará fóra das actividades de conciliación, sempre que cumpran os requisitos de admisión, tal e como se fixo neste ano 2024.

Así mesmo, ampliouse a oferta formativa para grandes e pequenos, incrementando os obradoiros e o número de prazas e, no 2025, ofertarase tamén un novo curso de galego.

Reforzo en persoal

Así mesmo, en canto a persoal municipal, vaise incrementar o número de traballadores no vindeiro ano 2025 dada a actual carga de traballo e os proxectos a medio e longo prazo que o Concello ten previstos abordar. Neste senso, atendendo aos criterios de seguridade cidadá, vanse incrementar as prazas no corpo da Policía Local. Do mesmo xeito, vaise incrementar un posto no Servizo de Urbanismo, en Contratación, na Secretaría Xeral, en Intervención e no departamento de Informática. Tamén se contempla seguir coa estabilización do persoal, dando así cumprimento á lei estatal.

Ademais do incremento salarial previsto para o ano 2025, e dependente da aprobación dos orzamentos do Estado, o Concello de Teo tamén consigna unha partida para o Fondo de Acción Social, onde van fondos tanto para o persoal laboral como funcionario, incluíndo tamén os traballadores subrogados.

Cultura, turismo e comercio

Para o 2025, os orzamentos municipais manteñen o seu compromiso claro e firme coa cultura, o coidado do patrimonio, o turismo e o comercio, con accións de promoción e unha axenda anual repleta de actividades de gran interese para a cidadanía.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así, para os orzamentos en materia cultural, a cifra aumenta ata os case 700.000 euros, onde entran conceptos como a propia restauración do patrimonio arquitectónico. A partida de turismo e comercio chega case aos 270.000 euros, cos que se pretende intensificar as actuacións para a promoción turística e poñer en valor o comercio local teense.

Etiquetas

orzamento 2025teo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto