ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Teo remata diversas obras de mellora en vías do municipio logo de anos sen mantemento

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de mayo de 2024 a las 14:40

Compartir
  • A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo arquitectos municipais, supervisou o resultado destes traballos
  • Con estas reformas buscouse mellorar a seguridade viaria e facilitar o tráfico rodado
  • Os proxectos, agás o dos Verxeis, estaban financiados con fondos da Deputación da Coruña

Teo (A Coruña), 27 de maio de 2024.- O Concello de Teo iniciaba o pasado mes de xaneiro obras de acondicionamento en varias vías de titularidade municipal por importe de case un millón de euros, co fin de mellorar a seguridade nestes tramos e facilitar o tráfico rodado, logo de anos sen o debido mantemento. Rematados moitas destas obras, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, acompañada polos arquitectos municipais, supervisou os traballos.

Así, acondicionouse o viario municipal en Mazas, nun tramo de 870 metros con anchuras variables, o que supuxo unha superficie aglomerada de case 4.000 m². Tamén se levou a cabo o recrecido de 19 tapas de rexistro existente.

No viario municipal de Vilar de Calo a San Domingo, actuouse en dous tramos cunha lonxitude total de 4.150 metros e unha superficie aglomerada de 24.153 m², efectuando tamén o recrecido de tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado. Unha actuación moi importante dado o elevado paso de vehículos e autobuses.

O Concello actuou tamén no lugar do Sisto, acondicionando a pista que discorre dende o propio núcleo ata o inicio da urbanización Augas Mansas. Así, aglomerouse unha
superficie total de 2.380 m². Na vía que discorre entre Augas Mansas e Guldrís tamén se realizaron traballos de mantemento do firme. No tramo entre o cemiterio de Cacheiras e O Sisto proxectouse unha beirarrúa de formigón.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, na zona dos Verxeis procedeuse ao repintado de vías, con sinalización horizontal e vertical. Unha cuestión moi demandada polos veciños desa zona, xa que apenas se divisaban as liñas e ocasionaba problemas de circulación e seguridade.

Etiquetas

obrasradio lider santiagoteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol