ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

EducaciónPolítica

Teo reclama á Xunta a reparación urxente de catro centros educativos

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de noviembre de 2023 a las 14:37

Compartir
  • A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, para abordar as melloras necesarias nos catro centros educativos do municipio
  • A rexedora agradeceu o compromiso da Xunta de Galicia acadado na xuntanza a prol da mellora das instalacións dos centros educativos de Teo e puntualizou que o Consistorio seguirá tamén traballando no correcto mantemento de ditos centros
  • Para coñecer de primeira man todas estas demandas e necesidades, o departamento municipal de Educación mantivo reunións con todas as directivas e asociacións de nais e pais de alumnos

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, para trasladarlle as demandas de mellora para os catro centros educativos do municipio, co fin de poder deseñar accións que atendan as necesidades plantexadas. Na reunión tamén estiveron o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, e a concelleira de Educación de Teo, María Vázquez.

Así, segundo a rexedora, o máis importante é a reparación da cuberta do edificio principal e do de infantil do CEIP Plurilingüe dos Tilos, co fin de corrixir as filtracións de auga que se producen. Neste senso, o conselleiro trasladoulle que a reparación total da cuberta debía esperar aos meses do verán pero que, ante a urxencia, se iba a levar a cabo unha reparación puntual para evitar as filtracións.

Seguindo coas demandas neste centro, a alcaldesa trasladoulle tamén a necesidade de de construír unha pasarela cuberta que una os edificios de infantil e o principal, para que a cativada poida cruzar sen mollarse; así como a ampliación do actual comedor.

En canto ao CEIP A Igrexa-Calo, Lucía Calvo de la Uz propón a súa reforma integral, ao tratarse dun centro con máis de 50 anos de antigüidade, o que permitiría solucionar deficiencias como as filtracións que se producen no patio. A rexedora tamén trasladou a petición de dotar este centro dun ascensor, de salón de actos e dunha pasarela cuberta para acceder ao edificio de Infantil.

Neste caso, o conselleiro amosou o seu compromiso de levala a cabo o antes posible e salientou que no ano 2024 se procedería á licitación do proxecto coa idea de ter a obra finalizada cara finais do ano 2025.

Por último, en canto aos centros da Ramallosa e do IES de Cacheiras, o conselleiro tomou nota das demandas trasladas. Así, no caso do primeiro, informouse da necesidade de reparar a estrutura do ximnasio e a cuberta da pasarela, entre outras cousas. No caso do segundo, cómpre ampliar o salón de actos e o actual aparcadoiro para os autobuses.

Na reunión, a alcaldesa e o conselleiro acordaron ir paseniñamente, priorizando as reformas nos Tilos e Calo pero traballando tamén na mellora e acondicionamento dos outros centros. Pola súa parte, Lucía Calvo agradeceu o compromiso da Xunta de Galicia acadado na xuntanza a prol da mellora das instalacións dos centros educativos de Teo e puntualizou que o Consistorio seguirá tamén traballando no seu correcto mantemento.

Reunión previa coas directivas

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para coñecer de primeira man todas estas demandas e necesidades, o Concello de Teo – a través do seu departamento de Educación- mantivo reunións con todas as directivas e asociacións de nais e pais de alumnos. Desta forma, puido comprobar a problemática de cada un dos centros e trasladar as necesidades máis urxentes á Consellería correspondente.

Etiquetas

educacionteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala