ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSociedad

Teo programa diversas actividades no marco do 25N

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de noviembre de 2023 a las 09:56

Compartir
  • Esta semana -do 20 ao 23 de novembro-, a caravana lila do Concello estará percorrendo os catro centros educativos do municipio para informar aos máis cativos dun problema que se debe erradicar da sociedade
  • O venres 24 de novembro procederase á lectura dun manifesto diante do Concello como rexeitamento por parte das distintas forzas políticas e dos traballadores do Concello á violencia de xénero
  • No vindeiro Pleno do Concello, os catro grupos políticos -Partido Popular, Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Proxecto Común Teo- acordaron aprobar unha moción conxunta pola loita contra a violencia de xénero

Teo (A Coruña), 20 de novembro de 2023.- O Concello de Teo programa diversas actividades con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, sumándose así a numerosas Administracións, entidades públicas e privadas que buscan erradicar calquera tipo de discriminación.

Así, cómpre salientar que a violencia de xénero é un asunto de Estado, polo que previr e poñer fin á violencia exercida contra as mulleres é un claro obxectivo para o Concello.

Neste senso, cabe sinalar que durante toda esta semana -do 20 ao 23 de novembro- estará a caravana lila percorrendo os catro centros educativos do municipio, co fin de dar información sobre esta cuestión aos máis pequenos. Ademais, o venres 24 estará tamén diante da Casa Consistorial para que calquera interesado se poida achegar e recibir información de interese.

Doutra banda, o mércores 22 de novembro, celebrarase no Instituto de Educación Secundaria de Cacheiras unhas xornadas dirixidas ao alumnado de 1o de bacharelato, centradas na igualdade e na prevención en violencia de xénero. O obxectivo é informar á rapazada dun problema que se debe eliminar da sociedade, xa que cómpre educar nesta materia para que non existan maltratadores, evitando así que logo haxa vítimas.

Xa o venres 24 de novembro procederase á lectura dun manifesto diante do Concello como rexeitamento por parte das distintas forzas políticas e dos traballadores do Concello á violencia de xénero. Finalmente, o sábado 25, no auditorio Constante Liste terá lugar a representación en linguaxe de signos da canción “Morada de bágoas”, interpretada polo grupo Música en mis manos, rematando os actos coa obra teatral de balde “Cinco minutos sen respirar”, de Gustavo Ott.

Consenso político

No último Pleno, celebrado o pasado 25 de outubro, os catro grupos políticos -Partido Popular, Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Proxecto Común Teo- acordaron por unanimidade adiantar o Pleno do mes de novembro para o mércores 22, co fin de poder aprobar na súa xuntanza mensual unha moción conxunta pola loita contra a violencia de xénero.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Neste senso, cabe sinalar que ante unha cuestión deste calibre, a política ten que centrarse no apoio e defensa das vítimas e do seu entorno, unir sinerxías e defender unha sociedade que respecte os dereitos da muller.

Etiquetas

25Nteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto