ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Teo presenta a súa Feira do San Martiño 2025, declarada de Interese Turístico de Galicia

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de octubre de 2025 a las 14:25

Compartir
  • Os alumnos da Aula de Teatro do IES Cacheiras serán os encargados de dar o pregón o sábado, 8 de novembro, na Carballeira de Francos
  • Ao longo de toda a fin de semana están proxectadas diversas actividades, obradoiros e xogos para toda a familia
  • Este ano, por mor das medidas preventivas impostas pola Xunta de Galicia fronte á dermatose nodular contaxiosa, non haberá presenza de animais na feira, nin mercado gandeiro nin xinetes que acodan a cabalo á feira

Teo (A Coruña), 31 de outubro de 2025.- O Concello de Teo presentou hoxe unha nova edición da súa Feira do San Martiño 2025, declarada este ano como Festa de Interese Turístico de Galicia. Celebrarase os días 8, 9 e 11 de novembro na Carballeira de Francos, é dicir, onde fai máis de 500 anos que se leva celebrando.

Como todos os anos, a oferta de actividades é ampla e diversa, pensada para todos os tramos de idade e centrando a súa oferta na figura do cabalo. Así, esta nova edición -a primeira sendo FIT- arrincará o sábado, 8 de novembro, cun obradoiro de cosmética natural e o baile de maiores, o cal se vén celebrando cada segundo sábado de mes en Rarís e que, nesta ocasión, pasará a levarse a cabo na carpa institucional situada na Carballeira de Francos.

Seguidamente, o pregón correrá a cargo dos alumnos e alumnas que conforman a Aula de Teatro do IES Cacheiras, por ser un centro referente no concello. Un instituto que presume da historia do seu municipio e que fomenta uns valores entre a súa rapazada que son dignos de admirar. A continuación, o grupo “Cantos da Terra” amenizará a tardiña para logo, cara ás 22.00 horas, dar paso a un concerto do rapeiro galego Habló Pablo, enfocado cara un público máis xuvenil e adulto. Desta forma, conxúganse estilos diferentes pero con cabida no concello de Teo. Ambos concertos serán de balde e terán lugar na carpa institucional, na carballeira.

O domingo, 9 de novembro, será a Feiriña do San Martiño, con diversas actividades pensadas para os máis pequenos da casa. Ademais dos obradoiros de chapas e galletas de Martiño O Cabaliño, que tiveron moi boa acollida na pasada edición, tamén haberá xogos familiares pola mañá e pola tarde. Cara as 17.30 horas será a quenda de Pakolas, co seu concerto “Ecoralia, a lambona ecolóxica”, tamén na carpa institucional.

Día grande do San Martiño

O Concello de Teo celebrará a súa feira grande como cada 11 de novembro, día propio do San Martiño. Porén, este ano non haberá presenza de animais na feira, debido ás medidas preventivas impostas pola Xunta de Galicia fronte á dermatose nodular  contaxiosa. Neste senso, non haberá mercado gandeiro nin as persoas poderán acudir á feira a cabalo.

Pero a xornada seguirá adiante cos postos das polbeiras e os mercados tradicional e de artesanía. Tamén se realizarán demostracións en vivo, catas e degustacións de produtos de calidade diferenciada. Para poder participar nestas actividades, os interesados deberán anotarse na páxina do Concello, ao haber prazas limitadas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para os máis pequenos tamén haberá diversos espectáculos, entre eles os organizados pola tradicional A Barraca de Barriga Verde -en sesión de mañá e tarde- e un espectáculo itinerante de música en vivo con “O Cego na feira”. A nota musical correrá a cargo da charanga da Sociedade Recreativa de San Xoán de Calo.

Etiquetas

feira do san martiñoteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto