ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Teo mellorará a accesibilidade e conectividade das paradas de autobús

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de enero de 2024 a las 14:34

Compartir

 

 

Con estes cambios mellorarase a accesibilidade nas paradas, xa que se localizarán en emprazamentos óptimos e con boa visibilidade, reforzando así a seguridade viaria

Estas melloras son froito do traballo da actual alcaldesa cando aínda ocupaba o cargo de concelleira do Partido Popular como Oposición na pasada lexislatura

Teo (A Coruña), 8 de xaneiro de 2024.- O Concello de Teo vén de recibir o visto bo da Xunta de Galicia ás alegacións presentadas pola alcaldesa Lucía Calvo de la Uz -cando aínda estaba como concelleira de Oposición na pasada lexislatura- para mellorar a accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede Autonómica de Estradas de Galicia, concretamente na zona sur do municipio. Estas alegacións foron froito de diversas reunións que se mantiveron daquela con veciños e coa asociación de empresarios afectados polos posibles cambios.

Así, a parada que estaba prevista ao carón do establecemento Pernas (15082-25-2 Pontevea) non se vai levar a cabo porque afectaría ao normal desenvolvemento da actividade comercial do entorno, quedando polo tanto anulada a súa proxección. Así mesmo, a parada 15082-25-1 tamén en Pontevea será redeseñada na redacción do proxecto de construción, reducindo a afección ao aparcadoiro lindante e dando cumprimento á normativa de accesibilidade, mantendo así as condicións de seguridade da parada.

Tamén se vai proceder ao redeseño da parada 15082-110-2 Cacheiras-Gardería para minimizar o impacto sobre as prazas de aparcamento, trasladando a marquesiña proxectada, e se vai cambiar de situación os colectores de lixo que están situados preto da parada 15082-59-2 Cacheiras-Canaletto para conseguir máis prazas de aparcamento. Por último, tal e como se solicitara, vaise a reducir a lonxitude das cuñas da parada 15082-17-2 Cacheiras (en Travesía de Cacheiras, 89) para eliminar menos prazas de aparcamento.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Desta forma, con estes cambios mellórase a accesibilidade nas paradas, xa que se localizarán en emprazamentos óptimos e con boa visibilidade, reforzando así a seguridade viaria. Pero, ademais, tamén se consegue minorar a anulación de prazas de estacionamento e, de feito, o Goberno local está estudando alternativas para ampliar ditas prazas na AC-841, proporcionando dende o Concello novas zonas de aparcamento co fin de resolver unha problemática existente no municipio dende fai varios anos.

Etiquetas

busteoxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto