ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacado

Agora é obrigatorio dar de alta os galiñeiros de autoconsumo

 

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de marzo de 2024 a las 16:42

Compartir

 

 

Como consecuencia da aplicación do decreto de julio de 2021 co que o Goberno central estableceu as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, é obrigatorio dar de alta os galiñeiros de autoconsumo, pois non facelo pode motivar sancións que van dos 600 euros en adiante.

Así, o titular da dita explotación avícola pode obter o número de explotación (código Rega) por dúas vías. Por un lado, pode acudir co seu Documento Nacional de Identidade á oficina rural da súa zona (as coñecidas como oficinas agraria comarcais), onde os servizos veterinarios da Xunta lle poderán tramitar a alta do galiñeiro, asignándolle un número individual que o identificará de maneira única. 

Doutra banda, tamén se pode facer de forma telemática. Para iso, os interesados deberán dispoñer do código REGA (Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras), o cal tamén se pode obter na Sede Electrónica da Xunta. Ademais dos datos persoais, na solicitude de alta hai que especificar o número de animais (galiñas, polos, patos, pavos, ocas, pombas, pintadas, perdices, faisáns e/ou codornices). 

E, a maiores de indicar o emprazamento do ‘galiñeiro’, é preciso detallar se o sistema de cría é en pechado -isto é, se as aves están sempre a cuberto-, se é en aberto -sempre ao aire libre- ou mixto.

Número de exemplares

O decreto estatal especifica que as explotacións de autoconsumo poden criar, como máximo, 0,15 unidades de gando maior (UGM) de aves de curral. Isto é, no caso de galiñas, o tope estará nos 30 animais. No caso dos polos de engorde, 50 aves; no caso de pavos, non se poderá superar os 30.

Así mesmo, poderanse combinar especies sempre coa condición de que a suma dos valores expresados en UGM dos animais mantidos non supere o 0,15 máximo admisible.

Ademais, cabe tamén sinalar que as persoas que queiran mercar galiñas (ou outras aves para as súas granxas de autoconsumo) poderán facelo presentando o seu código REGA e, no caso de non telo aínda, servirá co número de rexistro da presentación do anexo e o DNI da persoa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, todos os galiñeiros de autoconsumo -e o resto de explotacións- deberán manter unhas condicións mínimas hixiénico-sanitarias e de benestar para as aves, así como permitir os controis oficiais.

Etiquetas

autoconsumocomarcagaliñeirosradio lider santiagoteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol