ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaTurismo

Teo lanza unha campaña de Turismo con máis dunha trintena de actividades

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de marzo de 2025 a las 20:22

Compartir
  • Esta programación, deseñada novamente polas áreas de Turismo e Cultura, ten como principal obxectivo ofrecer unha alternativa de ocio para a veciñanza
  • Ademais de rutas, obradoiros e mostras, tamén se celebrarán eventos de maior proxección como a Festa da Nai, o Concurso Morfolóxico Cabalar, a Festa Cabalar do San Martiño de Francos ou a campaña de Nadal

O Concello de Teo lanza a campaña Teo Turismo 2025, que oferta numerosas actividades para todo este ano, dirixidas a todos os públicos e sempre de balde para a veciñanza e persoas visitantes, tanto turistas como excursionistas.

Así, esta campaña turística, deseñada novamente polas áreas de Turismo e Cultura, lanzouse por primeira vez o pasado ano e foi un gran éxito entre os veciños e veciñas de Teo, pois ofreceu máis de 40 actividades sostibles que tiveron moi boa acollida entre os participantes.

O programa deste 2025 está composto por unha oferta de máis de 30 experiencias turísticas sostibles, organizadas novamente en catro campañas coincidentes con cada unha das estacións do ano. Desta forma, segundo a estación do ano prográmanse actividades acordes ao tempo, ás festividades e acontecementos desa época.

Así, a campaña de inverno presenta unha actividade enmarcada na celebración do Día Internacional da Muller, cunha ruta guiada e interpretada. Tamén se recorda á veciñanza que todo este mes, coincidindo cos carnavais, a hostalaría e establecementos de panadería teñen dispoñibles os produtos típicos destas datas.

Ademais, realizáronse outras actividades anteriormente, tamén vinculadas ao Entroido, concretamente á figura dos Xenerais da Ulla. Así, a comezos de febreiro celebrouse un obradoiro monográfico sobre esta figura onde os participantes, ademais de coñecer a súa historia, puideron confeccionar os sombreiros típicos destas personaxes e practicar os atranques tan característicos deste Entroido da Comarca do Ulla. Sen esquecernos dos entroidos que se celebraron entre o 15 de febreiro e o 2 de marzo nas parroquias de Lucí, Rarís, Reis, Santa María de Teo e Cacheiras.

A campaña de primavera céntrase nas rutas guiadas e teatralizadas, dando a coñecer lugares emblemáticos do municipio, batallas históricas como a de Cacheiras e lendas xacobeas como a da Raíña Lupa, que reforzan o interese de Teo como etapa do Camiño Portugués e como enclave de importantes vías culturais e históricas.

No verán será a quenda da arte rupestre teense, co fin de dar a coñecer os seus tesouros e poñelos en valor entre a propia veciñanza. Rutas onde poder admirar a beleza dos numerosos cruceiros que engalanan o territorio, rutas onde descubrir fragas, árbores senlleiras, conectar coa natureza e facelo en familia.

O outono preséntase en Teo con xornadas micolóxicas e rutas polo románico teense e polas distintas pontes e pontellas, da man da asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre “Colectivo A Rula”. Rematando o ano coas características actividades de Nadal.

Pero en cada unha desas campañas, coincidentes coas estacións do ano, sempre hai un evento principal. En primavera, a tan esperada Festa da Nai; no verán, o Concurso Morfolóxico Cabalar coa súa XXIV edición; no outono, a tan prezada Festa Cabalar do San Martiño de Francos; o inverno, coa tempada de Nadal e a chegada dos Reis Magos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, cómpre salientar que cada unha das actividades programadas contará co seu correspondente cartel e promocionarase na páxina web do Concello e nas redes sociais municipais. Desta forma, os interesados poderán inscribirse con tempo nas actividades e poder desfrutar así dun calendario pensado para a xente en xeral e a veciñanza de Teo en particular.

Etiquetas

teoturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»