ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Teo continúa coa mellora das instalacións deportivas ao aire libre

 

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de abril de 2024 a las 17:11

Compartir

 

 

  • Ademais da limpeza de pistas e arranxo de redes, tamén se colocaron canastras antivandálicas en distintos puntos

Teo, 23 de abril de 2024.- O Concello de Teo segue traballando na mellora das instalacións deportivas municipais ao aire libre, co fin de ofrecer uns servizos óptimos á cidadanía e que a veciñanza poida desfrutar do seu uso con seguridade.

Así, na zona dos Tilos procedeuse á colocación de canastras antivandálicas na pista exterior e procedeuse en breve ao seu pintado. Xa no pavillón, colocáronse taboleiros de metacrilato nas canastras de minibasket. Do mesmo xeito, mudouse o termo de auga quente, mellorando así o servizo e aminorando os custos ao non haber fugas de auga. “Ter as instalacións deportivas neste estado só conlevan custos adicionais para as arcas do Concello e só conlevan problemas para os seus usuarios”, puxo de manifesto a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz.

Na zona de Augas Mansas, cambiouse a rede da pista deportiva ao aire libre dado o mal estado que presentaba a vella, que podía ocasionar algún risco á poboación. Tamén se procedeu á limpeza da pista e se lle colocaron novas redes ás porterías. Así mesmo, procedeuse a unha limpeza profunda do parque infantil de Augas Mansas, para que a rapazada poida xogar e desfrutar deste espazo con todas as garantías.

En Oza, concretamente nas pistas que están enriba dos falsos túneles da AG-59, colocáronse canastras antivandálicas, limpouse en profundidade esa pista de baloncesto e fixéronselle arranxos á rede que protexe esta pista. Por último, dado o mal estado do mobiliario nesta zona, arranxáronse os bancos e pintouse a mesa, para invitar á xente a facer uso deste espazo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Cómpre salientar que todos estes traballos de mellora e mantemento son máis que necesarios para poder facer un uso correcto das instalacións deportivas que ofrece o Concello, incidiu a alcaldesa. Precisamente, “un acondicionamento en tempo e forma evita que se danen do xeito no que estaban as infraestruturas”, remarcou a rexedora, un traballo que ten que desenvolver de forma periódica o Concello.

Etiquetas

instalacións deportivasmellorasradio lider santiagoteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol