ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Teo contará cun centro de día tras asinar un convenio de 600.000 € coa Xunta

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asinaron este mércores un convenio de colaboración para o financiamento das obras de adaptación do local que albergará o futuro centro de día de Teo, situado en Montouto, cun investimento total de 600.000 euros.

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de diciembre de 2025 a las 20:48

Compartir

O proxecto desenvolverase nun edificio illado cunha superficie construída de 910 metros cadrados, dos cales 829,40 m² son de superficie útil. O espazo destinado ao centro de día ocupará 532,62 m² útiles, superando amplamente a superficie mínima esixida pola normativa vixente, mentres que os 296,78 m² restantes reservaranse como área de posible ampliación futura.

O deseño do centro organizarase a partir dunha entrada principal situada nun punto central, desde a que se distribuirán dúas zonas diferenciadas. Á dereita localizaranse os espazos de maior actividade e participación colectiva, como a zona de actividades, a sala polivalente, o comedor e a cociña con office e almacén auxiliar. Á esquerda da entrada situaranse os espazos máis funcionais, técnicos e de atención personalizada, como os despachos administrativos, a sala de atención social e enfermería, os vestiarios e aseos do persoal e o cuarto de instalacións, garantindo así o cumprimento do programa funcional obrigatorio.

No extremo esquerdo do edificio, tras a zona técnica, habilitarase un almacén adicional que poderá transformarse no futuro nunha ampliación do centro, ben para aumentar o número de usuarios ou para incorporar novas áreas de atención especializada.

O proxecto incorpora criterios de accesibilidade universal, confort térmico e acústico, eficiencia enerxética, seguridade contra incendios e sinalización cognitiva, cumprindo cos estándares necesarios para a súa acreditación como centro de servizos sociais. Ademais, procederase á urbanización da contorna, cunha dobre zona de aparcamento e espazo de manobra que facilitará o correcto funcionamento do centro.

Un servizo esencial para a xente maior de Teo

O futuro centro de día, solicitado por primeira vez de maneira oficial polo actual Equipo de Goberno á Xunta de Galicia, terá como finalidade mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas maiores de Teo, ofrecendo un servizo de atención diúrna con capacidade máxima para 40 prazas.

Este novo recurso permitirá tamén facilitar a conciliación familiar, xa que na actualidade moitas familias vense obrigadas a desprazarse a concellos limítrofes para acceder a este tipo de servizo.

Cómpre lembrar que no municipio de Teo residen máis de 4.000 persoas maiores de 65 anos, polo que, segundo subliñou a alcaldesa, trátase dun proxecto vital para o concello, ao ofrecer un servizo básico e fundamental para o benestar e a atención da veciñanza maior.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

centro de diateo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto