ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Teo aproba inicialmente a modificación da Ordenanza da taxa de servizos relacionados coa hixiene urbana

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de octubre de 2025 a las 13:40

Compartir
  • Este expediente -de servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos sólidos- someterase a información pública durante 30 días, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia
  • Esta modificación é unha obriga imposta polo Goberno de España, que aprobou a Lei 7/2022, do 8 de abril, de Residuos e Solos contaminados para unha economía circular e establece unha taxa “obrigatoria, diferenciada e non deficitaria” do dito servizo
  • O Concello esperou ata o último momento para facer este cambio, co fin de aliviar á veciñanza desta carga, pero pasado o tempo máximo de tres anos cómpre proceder á modificación, o que conlevará unha suba importante da actual taxa do lixo

Teo (A Coruña), 30 de outubro de 2025.- O Pleno do Concello de Teo aprobou onte de forma inicial a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana, é dicir, a taxa municipal para o servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos sólidos. Esta modificación será publicada no Boletín Oficial da Provincia por un período de 30 días.

Tal e como explicou onte no Pleno a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, esta modificación é unha obriga imposta polo Goberno de España, que aprobou a Lei 7/2022, do 8 de abril, de Residuos e Solos contaminados para unha economía circular, a cal establece unha taxa “obrigatoria, diferenciada e non deficitaria”. De non aplicar a dita modificación, o propio Ministerio de Hacienda advertiu mediante unha circular que os concellos poderían ser sancionados e imposibilitados para concurrir a subvencións públicas.

Así, a ordenanza fiscal municipal modifícase para adaptala á dita Lei, a cal outorgaba un prazo ás entidades locais de tres anos dende a súa entrada en vigor para aprobar a correspondente ordenanza fiscal ou adaptar a existente. O Concello de Teo esperou ata o último momento para facer este cambio, co fin de aliviar á veciñanza desta carga, pero pasado o tempo máximo cómpre proceder á modificación, o que conlevará unha suba importante da actual taxa do lixo. Esta suba, subliñou a rexedora, reflexarase no recibo do vindeiro ano.

En calquera caso, esta suba vén determinada por un estudo de custos solicitado polo propio Concello co fin de determinar as tarifas o máis axustadas posibles ao cumprimento do principio da Lei estatal, que non é outro que “quen contamina, paga”. Así, diferéncianse dous grupos principais de contribuíntes: as vivendas particulares e as que conlevan actividades económicas. No caso das primeiras, tívose en conta para a suba da taxa aquelas que teñen o servizo diario das que non o teñen. No caso do segundo grupo, os
negocios, pasan a calcularse por metro cadrado en lugar de por empregado.

Porén, a nova ordenanza mantén a bonificación do 100% na cota para as vivendas particulares cuxos suxeitos pasivos se atopen en risco de exclusión social, previo informe favorable dos servizos sociais do Concello.

Declaración institucional 25N

Noutra orde de cousas, no Pleno de onte aprobouse unha proposta de Alcaldía sobre a Declaración Institucional do Concello de Teo polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Unha proposta que foi debatida en Comisións Informativas e nunha Xunta de Portavoces posterior, e a cal foi aprobada coas aportacións realizadas polos grupos do Partido Socialista e de PXCT. O grupo do BNG de Teo abstívose.

Nesta declaración condénase a violencia de xénero en todas as súas formas: física, psicolóxica, vicaria e dixital; así como en todas as idades e niveis educativos, sociais e económicos. Por iso, propóñense ata once compromisos a levar a cabo polo Concello, destacando a achega aos centros escolares de obradoiros e actividades que fomenten a educación en materia de igualdade e contra a violencia de xénero; visibilización de campañas estatais e autonómicas, así como a creación dunha campaña de sensibilización dentro do noso Concello; ou a reclamación a todas as administracións para o cumprimento dos acordos establecidos no Pacto de Estado contra a violenca de xénero.

Día Mundial da Infancia 2025

Tamén foi aprobada por unanimidade unha moción de urxencia do Partido Popular polo Día Mundial da Infancia 2025, que se celebra anualmente cada 20 de novembro. Nela, lémbrase o compromiso colectivo de garantir os dereitos fundamentais de todos os nenos e nenas, promovendo o seu benestar, protección e participación activa na sociedade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Nesta moción, o Concello comprométese, como institución máis próxima á cidadanía, a ter un papel esencial na creación de contornas seguras, inclusivas e protectoras para a infancia, escoitando a opinión da rapazada e tendo en conta as súas ideas e posturas para mellorar a contorna e a planificación local.

Etiquetas

hixiene urbanaordenanzapoliticateo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo