ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaEducaciónPolítica

Teo amplía o seu programa de conciliación TeoMadruga ás escolas de Reis e de Raxó

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de noviembre de 2025 a las 14:48

Compartir
  • A partir do 8 de xaneiro de 2026, o servizo darase nas escolas de Reis e de Raxó a todos aqueles alumnos que o soliciten
  • A alcaldesa sinalou que este programa de conciliación familiar poderá ser tamén implementado nas outras tres escolas unitarias sempre que se chegue a un mínimo de alumnos

Teo (A Coruña), 14 de novembro de 2025.- O Concello de Teo vén de acordar coa Asociación de Nais e Pais do Colexio Rural Agrupado (CRA) ampliar o servizo municipal TeoMadruga a dúas escolas unitarias -a de Reis e a de Raxó-, co fin de facilitar a conciliación familiar na franxa horaria de 8.30 a 9.30 horas nestas dúas escolas rurais.

Trátase dun servizo demandado desde fai anos polos pais dos usuarios destes centros, aínda que a petición solicitada formalmente ao Concello chegou coa actual dirección da Anpa. Na xuntanza mantida onte pola tarde nas dependencias municipais, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz celebrou que se chegara a un acordo, posto que se trata dun servizo moi necesario para as familias, e reiteroulle aos representantes da Anpa a posibilidade de ampliar o dito servizo ás outras escolas unitarias, sempre que se consiga un mínimo de alumnos interesados.

Así, a partir do 8 de xaneiro, despois das vacacións de Nadal, o alumnado que así o solicite poderá desfrutar do servizo de madrugadores, tendo dúas opcións dispoñibles: unha con almorzo (que será prestado por unha empresa externa especializada pero baixo a xestión do Concello) e outra sen el.

En calquera caso, haberá descontos para os irmáns (un 25% no segundo neno) e as bonificacións son as recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Este programa de conciliación xa se está impartindo nos Centros de Educación Infantil e Primaria de Teo, tendo prioridade para a utilización do mesmo as familias empadroadas no municipio.

Etiquetas

educacionteoteomadruga
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala