ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolíticaSociedad

Teo acollerá a I San Silvestre Solidaria en favor da Fundación Andrea

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de diciembre de 2024 a las 10:31

Compartir
  • Será o vindeiro sábado, 28 de decembro, ás 16.30 horas da tarde cando se leve a cabo esta carreira benéfica de catro quilómetros de percorrido
  • O prezo de inscrición será de cinco euros, dos cales tres serán doados á Fundación Andrea para colaborar nos seus proxectos

O Concello de Teo colabora na I San Silvestre Solidaria, organizada pola Sociedade Recreativa San Xoán de Calo en favor da Fundación Andrea. Será o vindeiro sábado, 28 de decembro, cando se leve a cabo esta carreira benéfica de catro quilómetros de percorrido. Unha cita para grandes e pequenos que, tal como indican desde a Organización, se poderá facer correndo ou andando, pois o importante é participar.

A carreira sairá desde o campo de Rebordelo ás 16.30 horas da tarde, sendo o prezo de inscrición de cinco euros, dos cales tres serán doados á Fundación Andrea para colaborar nos seus proxectos. Poderán inscribirse a través da páxina www.emesports.es.

Haberá premio para os gañadores da carreira, tanto femenino como masculino, e outras sorpresas para as persoas participantes que vaian en familia, disfrazados, etc. Dende logo, a diversión está asegurada.

No acto de presentación desta carreira estiveron a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz; a directora da Fundación Andrea, Amaya Castro; a xerente de Carpintería Metálica Galanas, Cristina Segade; a presidenta da SR Calo, Elsa Gómez; o coordinador deportivo, Manuel Buján, e o presidente da Comisión de Deportes, Antón Noriega.

Fundación Andrea

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Fundación ten como finalidade básica a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza, ás familias que, contando con escasos recursos económicos teñan que coidar aos seus fillos nas enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

Etiquetas

fundacion andreasan silvestreteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Sala Capitol e a Fundación Andrea únense nun concerto solidario co carismático Les Greene
Actualidad

A Sala Capitol e a Fundación Andrea únense nun concerto solidario co carismático Les Greene

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo