ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Talentia Summit consolídase: máis de 60.000 visitas na feira virtual, e case 3.400 prazas na formación online

Talentia Summit pechou a súa edición de 2024 reafirmándose como un referente no ámbito laboral e formativo, non só en Galicia senón a nivel estatal. Este ano, a feira de talento e emprego superou todas as expectativas, con máis de 60.000 usuarios e usuarias e con 376.000 páxinas vistas ao longo dos días do evento. Ademáis fixéronse máis de 1.100 entrevistas con centros de ofertas de emprego e houbo case 2.500 currículums intermediados.

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de noviembre de 2024 a las 10:33

Compartir

O Talentia Summit deixa neste 2024 cifras récord que consolidan a feira, organizada desde a concellaría de Emprego. Así, a plataforma da feira virtual tivo máis de 60.000 visitantes, con 376.000 páxinas vistas nos días do evento; e cubríronse 3.349 prazas nos cursos online e nas certificacións. Na feira participaron case un cento de empresas que realizaron máis de 1.100 entrevistas, e a través de Talentia foron intermediados preto de 2.500 currículos. Tamén se realizaron 300 reservas en citas de mentoría personalizada e orientadoras laborais.

Un dos grandes momentos do evento foi o Foro Talentia, que se celebrou o pasado día 12 no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, e no que participaron expertos en talento, innovación e transformación dixital. Participaron Javier Vidaurreta (KPMG), Cristina F.-Armesto (Casa Grande de Xanceda), Águeda Ubeira (Vanetta Food), Pablo Rodríguez González (Hack a Boss), David Ryan Glowacki (investigador do CiTIUS), e Luz Castro Pena (Imaxin Software). Os asistentes puideron reflexionar sobre os desafíos do mercado laboral e como a tecnoloxía e a innovación poden ser ferramentas para construír un futuro máis inclusivo e adaptativo.

En canto á feira, consolidouse como espazo de formación e desenvolvemento profesional, con cursos online e certificacións tecnolóxicas en colaboración con institucións como Oxford e LinkedIn Learning. Este ano destacou a proposta do Talentia IT Skills Program, con formación en áreas clave como a intelixencia artificial, a ciberseguridade ou a programación, respondendo á demanda de perfís tecnolóxicos no mercado laboral. A oferta formativa estivo pensada especialmente para o público mozo, reafirmando tamén o compromiso coa igualdade e a sostibilidade.

Etiquetas

talentia summit
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Comeza Talentia Summit con récord de visitas á plataforma online
Actualidad

Comeza Talentia Summit con récord de visitas á plataforma online

Remata Talentia Summit con máis de 33.500 usuarios no seu espazo virtual
Destacado

Remata Talentia Summit con máis de 33.500 usuarios no seu espazo virtual