ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Silleda solicita a colaboración veciñal para definir os obxectivos da súa Axenda 2030

Imaxe: Arturo González, de Quadernas, presentado a metodoloxía da Axenda 2030

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de mayo de 2024 a las 15:51

Arturo González, de Quadernas, presentado a metodoloxía da Axenda 2030

Compartir
  • O público encheu o salón de actos do Concello na presentación deste programa de desenvolvemento sostible
  • “Estamos falando de facer entre todos a Silleda que queremos”, sinalou a alcaldesa, Paula Fernández
  • Unha enquisa e varios grupos de traballo permitirán coñecer as necesidades e as propostas da poboación

Silleda.3-5-2024.- Nun salón de actos do Concello ateigado de público, Silleda presentou este xoves 2 de maio a súa Axenda 2030. Trátase da adaptación á realidade local dos obxectivos do programa de desenvolvemento sostible impulsado pola ONU para reforzar os ámbitos social, económico e ambiental. “Estamos falando de facer entre todos a Silleda que queremos, un reto ben fermoso”, en palabras da alcaldesa, Paula Fernández.

Tal e como explicaron Paula Fernández e o técnico Arturo González, a Axenda 2030 é un programa destinado a apuntalar o progreso social e económico grazas á consecución de 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), que teñen como fin último asegurar o progreso de todas as persoas aplicando políticas respectuosas co medio.

No marco deste modelo, centrado nas persoas, Silleda elaborará agora a súa propia axenda. O primeiro paso consistirá en facer unha diagnose ou ánalise da situación actual do municipio para determinar cales son as súas necesidades. Despois, haberá que definir unha serie de actuacións encamiñadas a lograr os obxectivos marcados e, por último, se establecerán os indicadores cos que se avaliará en que medida se alcanzaron as metas propostas.

“O que queremos é establecer unha folla de ruta que nos axude a concretar e poñer en práctica aqueles ODS que queremos acadar en Silleda”, sinalou a alcaldesa, que incidiu en que a colaboración de asociacións e veciñanza será fundamental para facer ese plan estratéxico. “Trátase de decidir, por exemplo, que podemos apartar cada un de nós para acabar coa pobreza, para que a igualdade de xénero sexa unha realidade ou como podemos favorecer  a economía circular e un consumo responsable”, manifestou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Unha enquisa, que se lanzará tanto na páxina web do Concello como en papel, e a creación de varios grupos de traballo serán as ferramentas que se utilizarán para recabar as opinións e as propostas dos silledenses. Estas actuacións realizaranse nos próximos meses grazas a unha subvención de 57.345 euros outorgada polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, sendo Silleda o único concello galego á que se lle concedeu no ano 2023 no marco dun  proceso ao que se presentaron 629 solicitudes.

Etiquetas

2030axendaradio lider santiagosilleda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Cuenta atrás para la 48ª Abanca Semana Verde, que desplegará una gran propuesta expositiva y de ocio
Actualidad

Cuenta atrás para la 48ª Abanca Semana Verde, que desplegará una gran propuesta expositiva y de ocio

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol