ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Silleda reafirma o seu compromiso coa integración laboral de persoas con discapacidade

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de abril de 2024 a las 23:09

Compartir

 

 

  • A alcaldesa, Paula Fernández, asinou esta mañá un novo convenio que lle dá continuidade a colaboración coa asociación Amicos
  • Inclúe como novidade o asesoramento a persoas en situación de vulnerabilidade

Silleda. 19-4-204.- O Concello de Silleda asinou esta mañá a renovación do convenio de colaboración coa Asociación Amicos para fomentar o emprego das persoas con discapacidade, que este ano inclúe tamén como novidade o asesoramento laboral a persoas en situación de vulnerabilidade.  O acordo oficializárono na casa consistorial a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e o coordinador de Amicos, Keltoi Camean, nun acto ao que asistiron tamén a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, e a educadora social Sara Blanco por parte do Concello, e o orientador Pablo Penide, por parte de Amicos.

Con este novo convenio con Amicos, entidade integrada por persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise e dano cerebral e as súas familias, o Concello de Silleda reafirma o seu compromiso coa  integración social das persoas con discapacidade e en situación de vulnerabilidade a través de programas de formación, orientación e intermediación laboral, así como coa priorización destes colectivos nos plans de emprego e nas convocatorias de selección de persoal municipais.

O convenio dálle tamén continuidade a cesión a Amicos dun espazo na Casa da Xuventude de Silleda para prestarlle asesoramento ás persoas con discapacidade que demanden un emprego, servizo que funciona o primeiro venres de cada mes en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A asociación colabora así mesmo nas accións de orientación laboral para colectivos vulnerables impulsadas polo Concello de Silleda, ademais de realizar campañas de sensibilización sobre as persoas con discapacidade intelectual e buscar fórmulas que faciliten a súa integración en todos os eidos.

Etiquetas

a estradadiscapacidaderadio lider santiagosilleda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Cuenta atrás para la 48ª Abanca Semana Verde, que desplegará una gran propuesta expositiva y de ocio
Actualidad

Cuenta atrás para la 48ª Abanca Semana Verde, que desplegará una gran propuesta expositiva y de ocio

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock