ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSalud

Seguen sen fixarse as citas de control e seguimento de pacientes de cancro no CHUS

 

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de abril de 2024 a las 15:08

Compartir

 

 

Tras as declaracións do conselleiro de Sanidade, dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do Chus, denuncian que a situación do servizo de oncoloxía está lonxe de estar solventada. Certo é que se está comezando a citar polas tardes a pacientes con un retraso na súa revisión de ata 7 meses, pero isto solo está sendo posible grazas a que os profesionais médicos están realizando horas extra (peonadas) de maneira voluntaria. Un gran número de pacientes aínda non foron citados e descoñecemos cando se normalizará a situación porque se segue a ocultar o número real de persoas afectadas. O máis grave é que as axendas do servizo de oncoloxía seguen pechadas, polo que tras a consulta o que se lles transmite ós pacientes é que xa lles chegará unha mensaxe coa cita, situación que volve poñer en dúbida que se vaian cumprir os prazos nas seguintes revisións.

Recordámoslle ó señor conselleiro que non é a primeira vez que se producen atrasos nas consultas de oncoloxía do CHUS, polo que, ou ben se están a producir procesos de estabilización de prazas cada poucos meses dende 2022, ou neste servizo faltan recursos.

Ademais, a afirmación de que esta situación non afecta a pacientes en tratamento activo falta á verdade, xa que existen numerosos pacientes afectados polos atrasos, que tras a quimioterapia e a radioterapia seguen con tratamento farmacolóxico, que debe ser supervisado polo oncólogo, cousa que non está a suceder. Por certo, debemos engadir que en múltiples ocasións non somos atendidos polo oncólogo fixado como responsable do seguimento da doenza e como persoal sanitario que debe garantir a subministración da información, o que é unha vulneración do establecido na Lei de Saúde de Galicia e na Lei básica reguladora da autonomía do paciente.

Estamos sendo vítimas da vulneración das regras legais vixentes en materia de axendas para consultas externas programadas recollidas no Orde do 3 de xullo do 2004, de aplicación directa ás consultas de seguimento e control, e que no seu artigo 9 expresamente establece que “ás axendas deberán ser o mais estables posibles ca finalidade de promover unha asistencia accesible de calidade, evitando no posible as cancelacións, as reprogramacións e as rectificacións de citas, así como impedindo a existencia de pacientes en espera para a asignación da data de cita.”  Polo tanto, non só estase facendo caso omiso aos protocolos e consenso científico, senón que se incumpren, con absoluta desvergoña moral, as normas que garanten a convivencia pacífica nunha sociedade democrática e obrígase ás persoas que padecemos unha enfermidade oncolóxica a ter que recorrer a presión pública para esixir que a administración sanitaria cumpra cas súas obrigas legais, clínicas e éticas. 

Baixo a consideración de que a prestación do servizo clínico de seguimento e control de doenzas forma parte da carteira básica de servizos sanitarios de prestación obrigatoria por parte de todas as Comunidades Autónomas, esiximos que dende as administracións competentes se adopten as medidas estruturais precisas que poñan fin á falta de recursos do servizo de oncoloxía do CHUS, se deixe sen efecto o sistema de “buzón”, por ser contrario a legalidade vixente en materia de control da demanda de consultas externas, e que se restablezan os controis periódicos con cita prefixada en cada consulta, por canto a actual situación pon en risco a saúde dos pacientes.

As e os pacientes oncolóxicos desta área sanitaria vémonos privados da atención pautada para os nosos casos, xa que as demoras nas consultas fai que se atrasen igualmente as probas de diagnóstico correspondentes. Resulta obvio que isto repercute negativamente na nosa saúde, física e psicolóxica, e, daquela, na nosa vida.

Dado que a xerencia e o xefe do servizo de oncoloxía do CHUS demostraron unha absoluta incapacidade e falla de compromiso para dar resposta adecuada ás incontables reclamacións presentadas polos pacientes, a presente esixencia de restablecemento da legalidade será comunicada directamente á Consellería de Sanidade a través dunha entrevista co Conselleiro Antonio Gómez Caamaño, reservándonos a realización de calquera outra actuación para restablecer o sistema de dereitos recoñecidos en materia sanitaria.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

chusdenunciaoncoloxiaradio lider santiagosanidadesaude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol