ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolíticaSociedad

Santiago súmase ás reinvidicacións a prol da lingua galega cun acto propio o día 16

07/05/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantivo este martes un encontro cos representantes da plataforma Queremos Galego para tratar os temas que serán obxecto de reivindicación na manifestación do vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas que partirá da Alameda de Santiago e rematará na praza da Quintana. O Pazo de Raxoi tamén acollerá una acto o 16 de maio no que se fará lectura da Declaración Institucional apoiada por todos os grupos municipais para reivindicar e impulsar o uso do galego tanto na administración como na sociedade.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de mayo de 2024 a las 12:07

Compartir

Goretti Sanmartín mantivo un encontro co voceiro da plataforma Queremos Galego, Marcos Maceira, á que tamén asistiron representantes da CIG, da Agrupación Cultural O Galo e doutras entidades que conforman a plataforma.

Tras o encontro a alcaldesa expresou a adhesión do Concello de Santiago ás reivindicacións para a manifestación do vindeiro 17 de maio, xa que «sabemos que a lingua galega ten moitas fortalezas, pero tamén moitas debilidades e aínda hai moito que percorrer nos dereitos lingüísticos da maioría da poboación».

Goretti Sanmartín recordou o compromiso municipal coa lingua a través de iniciativas como o programa Apego «para conseguir que haxa crianzas galego-falantes» ou de aprendizaxe lingüística como o Programa Elos engánchate co galego. Tamén mencionou a Declaración Institucional apoiada por todos os grupos municipais para reivindicar e impulsar o uso do galego tanto a nivel interno como nun chamamento á cidadanía de Compostela «que se fará pública nun acto que terá lugar o vindeiro día 16 de maio no propio Concello de Santiago».

A rexedora tamén quixo subliñar o seu apoio ao chamamento da plataforma Queremos Galego para acadar «un consenso arredor da lingua que houbo no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, agora xa hai 20 anos, no que hai unha serie de medidas que aínda hoxe non son unha realidade».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

«O Concello vai estar sempre á beira das persoas defensoras da lingua, a carón do fomento da diversidade lingüística e da garantía dos dereitos lingüísticos das persoas galego falantes no interese por promocionar a pervivencia do galego a través da transmisión interexeracional», concluíu.

Etiquetas

compostelaletras galegasqueremos galegoradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.