ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Santiago súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de abril de 2024 a las 19:50

Compartir

 

 

08/04/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada por Isabel Suárez, coordinadora da Fundación Secratario Xitano (FSG) en Santiago, e representantes dos demais grupos municipais, deron lectura ao manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tamén se celebra coa colocación da bandeira ou co canto do himno Gelem, Gelem, símbolos deste colectivo.

Un ano máis, o Concello de Santiago sumouse a esta celebración cun acto de celebración que tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi co que se quixo lembrar a historia do pobo xitano, e tamén denunciar as situacións de discriminación e exclusión que este colectivo segue a sufrir no día a día. A data non é casual, elixiuse para conmemorar a celebración do I Congreso mundial roma/xitano o 8 de abril de 1971.

A celebración deste día inclúe o izado da bandeira xitana, que se colocou na escaleira de acceso á zona nobre do Pazo de Raxoi; a interpretación do himno xitano Gelem, Gelem; así como a lectura dunha declaración institucional, que levaron a cabo o alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e os representantes dos grupos municipais Marta Álvarez (PSdG); José Antonio Constenla (PP), Míriam Louzao (BNG) e María Rozas (CA).

A rexedora, acompañada de Isabel Suárez, coordinadora da Fundación Secratario Xitano (FSG) en Santiago, abriu o acto defendendo un futuro sen discriminación para este colectivo «no que a diversidade e a singularidade identitaria sumen e sexan fonte de riqueza cultural e social para o conxunto da cidadanía».

A continuación levouse a cabo a lectura da Declaración institucional na que se aludiu á celebración do 600º aniversario da chegada das primeiras persoas xitanas á Península, o próximo 2025, salientando que «os xitanos e as xitanas seguen sendo un pobo esencialmente descoñecido. E nese descoñecemento habitan os prexuízos, os receos e, polo tanto, o rexeitamento e a discriminación que converten ao pobo xitano na minoría máis repudiada socialmente en toda Europa».

Para loitar contra isto, na declaración apélase á «construción de espazos e dinámicas que permitan coñecer mellor ao pobo xitano» e ao compromiso desde os poderes públicos para «xerar esas oportunidades e reforzar políticas públicas que permitan demoler as barreiras existentes e que propicien o exercicio da súa cidadanía en igualdade de condicións, dunha maneira real e efectiva», xa que aínda seguen existindo situacións para este grupo como a súa sobrerepresentación na pobreza «cunha grave desigualdade educativa que limita as súas oportunidades laborais de futuro, e con situacións de segregación, tanto escolar como residencial»·

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O acto pechouse coas intervencións dalgúns dos mozos e mozas do colectivo xitano que asistiron ao acto e co visionado dun vídeo.

Etiquetas

compostelapobo xitanoradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha