ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadTurismo

Santiago presenta en FITUR a súa aposta por un turismo «responsable e sostible»

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de enero de 2024 a las 16:54

Compartir

 

 

22/01/2024.- A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participarán esta semana en FITUR co obxectivo de poñer en valor a aposta do Goberno municipal por un «turismo de calidade» que permita a «convivencia harmónica entre persoas residentes e visitantes». Ademais de encontros con profesionais do sector e a participación na Asemblea do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade e noutros eventos, a delegación compostelá presentará un vídeo sobre a campaña ‘Santiago de Compostela. Fráxil’ que busca fomentar o turismo consciente na cidade a través dun Código de Boas Prácticas.

Goretti Sanmartín deu conta esta mañá en rolda de prensa da axenda da delegación compostelá, encabezada por ela mesma e a concelleira Míriam Louzao, na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se desenvolverá do 24 ao 28 de xaneiro en Madrid, «un evento promocional moi importante para a cidade porque permite que podamos chegar a moitos profesionais de diferentes subsectores do mercado turístico».

A rexedora explicou que «Santiago é un destino moi maduro e moi consolidado» polo que o reto actual pasa por amosar Compostela como un «lugar especial, que non é como o resto das cidades» onde as persoas «poidan vivir experiencias que sexan o máis locais posibles e coñecer a forma de vida e a realidade da poboación local», achegándose á «nosa riqueza arqueolóxica, gastronómicas ou cultural» máis aló «da Catedral e as rúas adxacentes».

Goretti Sanmartín reiterou a aposta do Concello por un «turismo de calidade» baseado na «convivencia harmónica entre persoas residentes e visitantes» e amosouse convencida de que a presenza de Compostela en FITUR permita avanzar cara ese «modelo de turismo consciente que aporte valor engadido ao conxunto da veciñanza do noso concello».

Ao respecto da axenda prevista para FITUR, a rexedora adiantou que o día 24 de xaneiro ás 14:00 horas presentarase un vídeo dentro da campaña ‘Santiago de Compostela. Fráxil’, lanzada dende Turismo de Santiago o pasado verán. Esta campaña ten o obxectivo de «fomentar o turismo consciente na cidade, desenvolvendo un código de boas prácticas dirixido ás persoas que nos visitan», polo que o vídeo «irá debullando dun modo gráfico os diferentes puntos deste Código». Tamén se difundirán a través das redes sociais doce pílulas sobre os diferentes ámbitos de recomendacións que recolle o vídeo.

Goretti Sanmartín e Míriam Louzao tamén manterán varias reunións profesionais e participarán en diferentes actividades «que nos permitirán continuar nesa liña de promoción da cidade encamiñada a captar turismo de alto valor engadido, apostando polos valores que temos como Cidade Patrimonio da Humanidade», explicou a alcaldesa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A alcaldesa tamén avanzou a súa participación na Comisión Executiva o e na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España que se celebrarán os días 24 e 25 de xaneiro en FITUR. Tamén asistirán ao Foro de Exceltur ‘Propósito e Compromiso: cara o turismo que todas as persoas queremos’, «un elemento para nós fundamental xa que se vén de presentar esta semana a súa ‘Valoración Turística Empresarial do 2023’ que sitúa a Santiago de Compostela como o cuarto destino urbano no que máis medraron os Ingresos por habitación dispoñible despois do Covid, cun crecemento do 30,9% dende o 2019», detallou a rexedora.

Etiquetas

Fitursantiagoturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

O programa ‘Goza do Ulla’ percorrerá 20 concellos ao longo do río
Comarca

O programa ‘Goza do Ulla’ percorrerá 20 concellos ao longo do río