ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Santiago permite o uso de bicicletas e patinetes na zona histórica

26/09/2024 O Pleno da Corporación aprobou hoxe de maneira definitiva a nova Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública, que entrará en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O texto actualiza o que está vixente desde o ano 2012 e, tal e como explicou o concelleiro de Mobilidade, Xan duro, «introduce numerosas novidades que procuran avanzar cara un novo modelo de mobilidade, no que se prioricen os desprazamentos a pé e en bicicleta».

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de septiembre de 2024 a las 21:10

Compartir

A nova Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública quedou aprobada definitivamente por unanimidade de todos os grupos. O concelleiro de Mobilidade explicou que «con esta aprobación finaliza un proceso que xa se iniciara no pasado mandato, coa aprobación inicial da ordenanza en 2021, nun Pleno no que xa se incorporaran numerosas emendas á proposta realizada daquela polo equipo de Goberno». Agora, precisou Xan Duro, ao texto finalmente aprobado incorporáronse as alegacións que foron estimadas durante o periodo de exposición pública. O edil concretou que se presentaron 39 alegacións, dez delas coincidentes, por parte de 19 entidades. Delas, foron aceptadas 29 e denegadas as 10 restantes.

Aposta pola mobilidade ciclista

O concelleiro de Mobilidade explicou que a ordenanza aprobada hoxe «é un reflexo da evolución do modelo de mobilidade, e supón unha clara aposta polos modos brandos de transporte, sobre todo pola bicicleta». Así, coa nova ordenanza as bicicletas poderán circular polas zonas peonís, nomeadamente pola zona histórica, respectando a velocidade máxima de 10 km/hora e sempre que sexa compatible coa intensidade do tránsito peonil, e cando non exista sinalización que o prohíba expresamente por razóns históricas, artísticas ou de seguridade. Tamén se posibilita que as bicicletas circulen en dous sentidos en vías dun único sentido de circulación, sempre que a sinalización da rúa así o indique. Ademais, permítese o transporte de persoas en asentos adicionais ou remolques da bicicleta; e sinálase que, de non haber estacionamento específico, as bicis poderánse amarrar a elementos do mobiliario urbano agás postes da iluminación, semáforos, bancos e papeleiras.

Outras novidades en canto á circulación de bicicletas son que poderán circular en grupo formando unha columna de dúas en determinadas condicións, acceder ás plataformas semafóricas cando os vehículos estean parados, ou usar remolques homologados. A ordenanza tamén fai referencia ás distancias de circulación doutros vehículos con respecto á bicicleta (1,5 metros para adiantar e 3 para circular); e regula as prioridades de paso en cruces con carril bici, glorietas, etc.

Carga e descarga na cidade histórica

A nova Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública modifica tamén os horarios de carga e descarga na cidade histórica, atendendo ás alegacións presentadas por diferentes colectivos. Así, mentres no texto aprobado inicialmente en 2021 se prevía que o horario de carga e descarga fora de 7.00 a 9.00 horas, na ordenanza definitiva ese horario amplíase ata ás 10.00 horas todos os días laborales. Na actualidade, coa ordenanza en vigor de 2012, o horario de carga e descarga remata ás 10.30.

A maiores dese horario xeral, na nova ordenanza sinálase que as empresas de reparto de mochilas ou maletas poderán acceder á zona histórica entre as 12.00 e as 14.00 horas; as empresas de mensaxería urxente poderán facelo tamén en horario de 16.00 a 18.00 horas; e para o reparto específico da hostalería permitiráse, ademais do horario diurno, realizar labores de carga e descarga os xoves, de 16.00 a 21.00 horas na praza de San Fiz ou nos aparcadoiros públicos existentes na contorna da cidade histórica. As motocicletas e bicicletas de reparto de mercadorías poderán acceder sen restrición horario, mentres que os vehículos de máis de 3.500 kilos precisarán dunha autorización especial da Concellaría de Mobilidade.

Outras novidades

Na aprobación definitiva da ordenanza tamén se incorporou unha alegación relativa á prohibición da circulación de vehículos cunha masa máxima autorizada superior a 5,5 toneladas polas vías rurais, de maneira que esta prohibición non lle afectará aos «vehículos que transporten material ou restos de obra con destino ou orixe nas que se estean a realizar na zona urbana ou os que transporten madeira, leite a granel, alimentos para o gando ou maquinaria agrícola nas zonas rurais».

A nova Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública, tal e como se prevía xa na aprobación inicial, incorpora un anexo sobre a regulación dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), que son aqueles vehículos dunha ou máis rodas, dotados dunha única praza e propulsados exclusivamente por motores eléctricos que poden proporcionarlles unha velocidade máxima de 25 km/h. Entre outros condicionantes para a súa utilización, especifícase que estará prohibido o seu uso turístico na cidade histórica.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tamén se actualiza noutras cuestións como a clasificación das vías urbanas como zonas peonís, zonas de prioridade peonil, zonas residenciais ou de encontro, ou vías con limitacións para a circulación de vehículos de máis de 5,5 toneladas. Neste último punto, e con respecto á modificación aprobada inicialmente, atendéronse as alegacións presentadas de maneira que se contemplan as excepcións dos vehículos de obra e transporte agrícola, e autobuses de transporte público, escolar e discrecional. Tamén se incorporan á ordenanza os límites xenéricos de velocidade nas vías urbanas: 20 km/h nas vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa; 30 km/h nas vías dun único carril por sentido de circulación, e 50 km/h nas vías de dous ou máis carrís por sentido de circulación.

Etiquetas

mobilidadenoticias compostelaordenanzasantiagouso da via publica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público na contorna de Santiago
Actualidad

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público na contorna de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans