ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

Santiago (é) Tapas sortea unha noite de hotel entre os locais participantes

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de enero de 2024 a las 17:21

Compartir

 

 

04/01/2024.- A inscrición finalizará o 10 de xaneiro e os establecementos rexistrados poderán gañar unha estancia nun dos máis de 60 aloxamentos de Alda Hotels no norte e centro de España.

Santiago (é) Tapas entra xa na recta final da campaña de comunicación que se desenvolveu durante todo o Nadal para anunciar o cambio de datas da XV edición, que se celebrará do 15 de febreiro ao 3 de marzo, e para o que aínda está aberta a inscrición ata o próximo 10 de xaneiro, debendo formalizarse a través da web santiagoetapas.gal.

Ademais e como incentivo, entre todos os locais rexistrados, o grupo hostaleiro Alda Hotels sorteará unha noite para dúas persoas nun dos máis de sesenta aloxamentos que ten a cadea galega polo norte e centro de España.

«En Alda Hotels tamén lle damos moita importancia á gastronomía», explica Rocío Crujeiras, CMO de Alda Hotels, «promovendo desde a nosa empresa de restauración Garfo e Coitelo a cociña elaborada con produtos de calidade, e encántanos a filosofía do concurso, que permite dar a coñecer a gastronomía a través das tapas e ao mesmo tempo, dinamizar a hostalería», polo que non dubidaron en facer esta colaboración que «se suma», di, «a outras que tamén fixemos co sector noutras Comunidades».

O sorteo do obsequio de Alda Hotels entre os locais rexistrados é unha das novidades do próximo Santiago (é) Tapas, que seguirá a mesma dinámica e perseguirá o mesmo obxectivo que edicións anteriores.

Así, volverán establecerse varios roteiros cos establecementos participantes e entregaranse premios ás mellores tapas na categoría de tradicional, creativa, maridadas con viño e cervexa, sen glute e por primeira vez, á Mellor Tapa Doce.
Ademais, haberá agasallos directos para quen finalice as distintas etapas e sorteo de premios entre os que voten polas súas tapas preferidas.

Organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostalería Compostela e o apoio da Deputación dá Coruña, Santiago (é) Tapas conta nesta edición co patrocinio de Estrela Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario, estando toda a información dispoñible na web santiagoetapas.gal, onde tamén se poderán descargar as bases.

ALDA HOTELS

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con 14 anos de vida e máis de sesenta hoteis estratexicamente diversificados polo norte e centro de España, Alda Hotels está actualmente presente en Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria, Navarra, A Rioxa Castela-A Mancha e Aragón e proximamente abrirá novas localizacións no País Vasco e nalgunhas provincias como Ávila.

Etiquetas

santiagosorteoTapas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Náyade Belleza sortea una transformación corporal integral valorada en 3.500 euros
Destacado

Náyade Belleza sortea una transformación corporal integral valorada en 3.500 euros

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans