ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Santiago dota os centros socioculturais do rural de 46 ordenadores

15/05/2024 A concelleira de Rural, Pilar Lueiro, deu conta hoxe en rolda de prensa da nova dotación de equipos de uso público para as aulas informáticas dos centros socioculturais da zona rural. En total, o Concello reforzará este servizo dirixido ás persoas usuarias dos centros con 46 ordenadores de sobremesa e monitores ao abeiro dun investimento do POS+ da Deputación da Coruña.

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de mayo de 2024 a las 17:10

Compartir

Pilar Lueiro explicou que con este reforzo de equipamentos nas parroquias do rural búscase «reducir a fenda dixital e facilitar a aprendizaxe e utilización de internet, para o uso do correo electrónico, redes sociais, programas didácticos e ferramentas diversas vinculadas ás tecnoloxías de información e da comunicación».

A concelleira detallou que os novos equipamentos estarán distribuídos da seguinte maneira: 5 para o CSC da Enfesta, 5 para o CSC de Figueiras, 8 para o CSC de Laraño, 8 para o CSC da Lavacolla, 4 para o CSC de Marantes, 8 para o CSC de Marrozos e 8 para o CSC de Villestro. Ademais, anunciou que o Concello complementará as sesións de formación organizadas polos propios centros, coa presenza de técnicos de informática que prestará apoio ás persoas usuarias se fose necesario.

Segundo afirmou a edila, grazas a este reforzo as parroquias poderán «contar con recursos que facilitan unha mellor infraestrutura para conectarse á rede de internet, cun acceso máis amplo a dispositivos tecnolóxicos», o que permitará mellorar as «oportunidades económicas, educativas e sociais, para reducir as desigualdades entre a zona urbana e o rural».

«Con esta actuación tamén queremos contribuír desde a Concellaría de Medio Rural a minimizar a fenda dixital motivada por cuestións de xénero e de idade, ao facilitar o acceso a estes equipamentos para persoas de todas as idades, que se complementan con actividades de formación para que adquiran competencias e coñecementos para a utilización de novas tecnoloxías e poidan utilizalos aproveitando o seu potencial comunicativo», engadiu Pilar Lueiro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

centros socioculturaiscompostelanoticiasordenadoresradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha