ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Santiago destina 98.000 euros en subvencións ás asociacións veciñais

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de abril de 2024 a las 19:48

Compartir

 

 

08/04/2024 A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións veciñais de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros.

Poden acollerse a esta convocatoria todas as asociacións veciñais do municipio que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Santiago con anterioridade á publicación no BOP desta convocatoria, teñan os seus datos actualizados e estean ao corrente das súas obrigas tributarias.

Segundo as bases, serán subvencionables os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento de actividades de interese xeral para a cidadanía, que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 9 de outubro de 2024. Gastos como a prestación de servizos de información, asesoramento, comunicación e divulgacion; de formación e ocio; de participación da cidadanía e apoio a outros colectivos do barrio (debates, asembleas, encontros); así como actividades sociais e outros gastos de funcionamento da entidade (administración, asesoramento, prensa, etc.).

Valorarase con ata tres puntos, o interese xeral da actividade ou programa para a veciñanza, a participación, a continuidade do mesmo, ou que se trate de actuacións dirixidas a colectivos desfavorecidos ou con especiais dificultades de inserción social. Valorarase con ata 2 puntos, o número de persoas asociadas á entidade, e con ata un punto, a orixinalidade e carácter innovador do programa ou actividade, a incidencia na promoción da igualdade, a realización en coalboración co Concello e a calidade e deseño da publicidade (folletos, carteis, dípticos…)

A contía máxima que se concederá a cada solicitude virá limitada pola puntuación que acade a entidade. O importe subvecionable será, como máximo, o 80% do orzamento de gastos que se detalle no formulario da solicitude, cun máximo subvencionable de 3.000 euros, ou 5.100 euros naqueles casos de entidades veciñais propietarias de equipamentos socioculturais.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A presentación de solicitudes, que estarán dispoñibles na sede electrónica da web do Concello de Santiago, será de 10 días hábiles a contar desde o seguinte a publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). As asociacións interesadas poderán presentar a solicitude debidamente cuberta que se recolle no modelo das bases na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela; ou ben a través dos rexistros eelectrónicos contemplados na Lei 39/2015 de 1 de outubro. Poderanse entregar xustificantes de pago con datas comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 9 de outubro de 2024.

Etiquetas

AAVVasociacionscompostelaradio lider santiagosantiagosubvencionsxunta de goberno
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha