ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEconomía

Santiago aproba os seus Orzamentos por un valor de 146 millóns de euros

A sesión plenaria extraordinaria desta mañá deu luz verde de xeito definitivo ao Orzamento xeral do Concello e ao Cadro de Persoal para o exercicio 2025. O proxecto xa fora aprobado de xeito inicial no pleno do 27 de febreiro e posteriormente sometido a un período de exposición ao público durante o que recibiu unha única alegación formulada pola Asociación Volta do Castro – O Rial que non foi finalmente admitida.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de abril de 2025 a las 13:32

Compartir

O Pleno da corporación municipal deu luz verde de xeito definitiva cos votos a favor de dos grupos do BNG, CA e Grupo Municipal Socialista ao proxecto de orzamentos para 2025, que globalmente superan os 146 millóns de euros. Con esta aprobación, o Pleno tamén concordou a inadmisión da única alegación formulada pola Asociación Volta do Castro – O Rial que demandaba actuación para o seu barrio.

Ao respecto da alegación presentada, o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César, detallou que a Oficina de Xestión Orzamentaria e Contabilidade emitiu un informe no que conclúe que “non concorre a necesaria condición habilitante para atender o alegado”, xa que este non cumpre ningún dos supostos recollidos pola lei. Unha inadmisión tamén confirmada por un informe conxunto da Intervención xeral e da Secretaría municipais, polo que ambos documentos son «concluíntes».

“Independentemente de que as demandas que reflicte a alegación sexan de interese ou que sexa perfectamente lexítimo que unha entidade veciñal reclame actuacións para o seu barrio, estas aspiracións non se atopan dentro dos supostos de alegación que a Lei de facendas locais sinala como admisibles no trámite de aprobación do orzamento”, detallou o edil.

Manuel César defendeu que o “proxecto orzamentario se ten que aprobar equilibrado” e recoñeceu que “este equilibrio nunca logra satisfacer todas propostas de mellora que as entidades presentan, e moito menos nun contexto de alza dos prezos, de contención impositiva e dunha profunda e sostida no tempo precariedade de atención a moitas necesidades do amplo territorio deste concello” e amosou a súa vontade de solucionar estas demandas veciñais “na medida do posible”.

O edil reiterou o compromiso do Goberno municipal coa veciñanza da Volta do Castro e do Rial de Conxo e recordou algunas das actuacións xa levadas a cabo e as que van ser executadas nos próximos meses: reposición da iluminación na vía do tren, melloras de accesibilidade con eliminación de barreiras arquitectónicas e colocación de podotáctiles, pintado de novos pasos de peóns, arranxo da varanda das escaleiras do paso inferior da vía, arranxos das beirarrúas deterioradas, execución e axardinamento da rotonda, colocación de redutores de velocidade, regulado e pintado do aparcamento en Poza Real e Rial de Conxo ou reposición do asfalto e muro contención na rúa da Decoita. “Neste momento está tamén adxudicada a redacción do proxecto para a recollida de pluviais e o asfaltado da rúa do Rial de Conxo e a ampliación da soleira da illa de colectores da rúa dos Churruchaos”, engadiu.

Na súa intervención, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, agradeceu o voto socialista e reiterou o compromiso do Goberno coa veciñanza da Volta do Castro – O Rial: «estamos atendendo e continuaremos a atender as súas demandas con diferentes actuacións, algunhas que xa se realizaron e outras que se van executar». A rexedora tamén salientou que o orzamento aprobado é «bo, necesario e incide en melloras nas obras e servizos públicos e sociais, en políticas de vivenda, educativas, culturais, deportivas»  dando «resposta ás necesidades da veciñanza en tempos que non son fáciles». T

Orzamentos 2025

Os orzamentos superan os 146 millóns de euros, cun gasto corrente que alcanza os 130 millóns e uns fondos para investimentos reais de en torno aos 12,5 millóns, que se complementan cos suplementos de crédito, polo que os investimentos reais alcanzarán os 13,8 millóns este 2025

O capítulo I supera os 41 millóns de euros. Este orzamento, ademais, inclúe unha demanda sindical antiga de que as prazas de bombeiro condutor se repoñan co nivel C1 e non C2, como se viña facendo até agora.

Os gastos de funcionamento sufriron, nestes últimos anos, un importante aumento da inflación, absorbendo unha boa parte dos recursos dispoñibles, polo que o capítulo II (66,8 millóns de euros) dedicado á prestación dos servizos municipas   aumenta máis de 14%, sobre todo nos grandes contratos.

Os orzamentos fan fincapé no eixo social (SAF, bolsas de comedor ou axudas para libros ou actividades extraescolares); na vivenda, cun investimento de 4,2 millóns de euros previstos nos orzamentos e cunha partida para a rehabilitación de cinco vivendas na rúa Caramoniña; no mantemento do espazo público, e nas infraestruturas e compromiso co rural e os equipamentos directamente vinculados ao benestar, atención ás persoas ou seguranza (1.377.000 euros para obras do Estadio Verónica Boquete; a cociña central do novo modelo de comedores escolares —1.000.000 de euros—; e a rehabilitación da Casa das Persoas Maiores —432.000 para a primeira anualidade dunha obra que alcanzará o millón e medio de euros—). Igualmente, o proxecto orzamenario inclúe unha partida (75.000 euros) para a realización do proxecto da nova instalación para a cidadanía recuperando a estrutura do que ía ser o Parque de Bombeiros en Salgueiriños.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, o proxecto tamén prioriza a sustentabilidade ambiental, apostando pola compostaxe da materia orgánica e renaturalización de espazos e tratamento adecuado do ciclo da auga con partidas como os 100.000 para o acondicionamento do antigo vertedoiro de Piñor e outros 100.000 para un proxecto que se presentará ás axudas autonómicas para o tratamento da fracción orgánica, xunto cun plan de fugas nas redes de auga (200.000 euros) e a reparación dunha tubaxe de captación do Tambre (250.000 euros).

Etiquetas

compostelaeconomiaorzamentospolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo