ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSalud

Sanidade recomenda o uso da máscara nos centros sanitarios de toda Galicia

 

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de diciembre de 2023 a las 16:30

Compartir

 

 

  • A medida entrará en vigor desde as 15 horas de hoxe e estenderase durante os vindeiros 15 días, momento no que se revisará a situación epidemiolóxica

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou está mañá en rolda de prensa a nova instrución que o Servizo Galego de Saúde lle trasladará ao conxunto de xerencias das áreas sanitarias e na que se establece a recomendación do uso xeral da máscara en todos os centros sanitarios da rede pública Galega.

A medida, que entrará en vigor desde as 15,00h de hoxe, estenderase durante os vindeiros 15 días, momento no que se revisará a situación epidemiolóxica. Deste xeito, se ata o de agora esta recomendación se limitaba ás zonas dos servizos de Urxencias e ás Unidades con persoas inmunodeprimidas, agora amplíase a todos os espazos dos centros de saúde e hospitais.

Segundo apunto o titular da carteira sanitaria da Xunta, neste momentos “estamos preto do pico de gripe”, e entre esta semana e a que vén acadarase a cifra co maior número de contaxios.

Así, explicou que na comparativa anual, neste ano 2023, durante o mes de decembro estanse a rexistrar un promedio diario de 2.700 atencións nos servizos de urxencias  do Sergas, unha cifra que incrementa un 8% os datos do ano pasado (2.500 de media en 2022), e nos que as atencións vencelladas ás patoloxías respiratorias xogan un papel importante no aumento.

Do mesmo xeito, e no que atinxe aos datos de hospitalización, García Comesaña indicou que nestes intres hai 653 persoas ingresadas por ou con gripe (27 delas na UCI); 160 persoas ingresadas por ou con covid-19 (7 na UCI), e 162 por ou con VRS, das que 6 están na UCI.

Acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; o conselleiro agradeceu o esforzo do conxunto de profesionais que están a traballar nos centros de saúde e hospitais públicos galegos.

Así, pechou a súa intervención solicitando á poboación extremar as precaucións nas xuntanzas do Nadal e tamén convidando á vacinación a todas as persoas que aínda non o fixeran, pois “moita da xente que temos ingresada está sen vacinar”.

Circulación da gripe en Galicia

Durante a rolda de prensa, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; detallou que a infección respiratoria predominante nestes momentos en Galicia é a Gripe A, sendo a responsable do 68% dos casos; ademais de precisar que a linaxe predominante da covid-19, na actualidade, é a JN1.

Sobre a positividade das probas, Durán incidiu que os test que se están a realizar nestas xornadas acadan un 34% de positividade no caso da gripe, e un 8% no casos das infeccións do Virus Respiratorio Sincitial (VRS).

“Segundo o noso modelo preditivo, entre esta semana é a que ven chegaremos ao pico da onda de gripe” explicou a directora xeral, ao tempo que indicou que “as cifras máximas da onda se manterán durante as vindeiras 2 ou 3 semanas”.

Activación dos Plans de contixencia 

Pola súa banda, o director xeral de Asistencia Sanitaria Jorge Aboal, enumerou o conxunto de medidas que está a poñer en marcha o Servizo Galego de Saúde para atender o incremento da demanda nos centros sanitarios galegos.

Así, e de acordo ao recollido nos Plans de Contixencia, o conxunto das áreas sanitarias galegas (agás a de Lugo) reforzaron os seus recursos humanos e materiais para dar resposta a está situación que se produce cada ano nesta época.

Aboal salientou que a activación deste Plans conlevou un aumento no número de médicos, pediatras, persoal de enfermería e TCAEs, así como a operatividade de 80 camas máis no conxunto dos hospitais galegos. En concreto, 25 no Hospital Abente y Lago da Coruña, 9 no Hospital Montecelo; 15 no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo), 12 no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, e outras 20 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

“Os Plans de continxencia son documentos dinámicos que se adaptan ás necesidades asistenciais” destacou o director xeral, quen remarcou que, de ser preciso,  ampliaranse os recursos nos centros sanitarios.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, a responsable de Urxencias do Hospital Meixoeiro de Vigo, Maite Maza, incidiu en que “as patoloxías respiratorias adoitan ter unha maior repercusión a nivel de hospitalización” ao requirir duns maiores tempos de atención e prazos hospitalización. Porén, apelou ao emprego da máscara en todo momento, no caso de ser positivo en algunha das patoloxías respiratorias, ou se se ten a sospeita de ter gripe ou covid.

Etiquetas

galiciamascarasaude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia