ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoNoticia LíderPolíticaSociedad

San Miguel de Sarandón, onde o viño se bebe e se celebra: 43 anos de festa e 25 na D.O. Rías Baixas

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de abril de 2025 a las 13:17

Compartir

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, concedeu unha entrevista a Radio Líder Santiago onde desgranou os detalles da 43ª edición da Festa do Viño da Ulla, un evento que se consolidou como un dos acontecementos máis salientables do calendario festivo e cultural de Galicia.

A festa, que naceu fai 43 anos da man de veciños de San Miguel de Saladón, transformouse nun evento de referencia que aúna tradición e innovación. «Imaxínate cantas festas levan 40 ou 50 anos? Pois nós xa somos historia viva da nosa terra», destacou o alcalde. Martínez subliñou que o evento sempre estivo vinculado á identidade da Ribeira do Ulla, unha zona vinícola que, aínda que non tivo sempre o recoñecemento doutras denominacións, sempre produciu viños de calidade. «Nesta edición, cúmprense 25 anos da entrada na Subzona Ribeira do Ulla na D.O. Rías Baixas», lebrou o rexedor.

O alcalde explicou como a festa foi evolucionando para adaptarse ás necesidades dos novos tempos: «Antes era unha festa dun só día, concentrada no domingo, e agora ofrecemos dous días completos de actividades». A festa pasou de congregar a unhas 50 persoas no primeiro ano a miles de visitantes na actualidade. Entre as novidades desta edición destacan as xornadas técnicas sobre a cultura do viño, pensadas para achegar coñecemento tanto a profesionais como a afeccionados.

Martínez tamén fixo fincapé nos cambios provocados pola pandemia: «Tivemos que reinventarnos, diversificar as actividades e ofrecer unha festa máis segura e familiar». Este ano, por exemplo, inclúese unha ruta mototurística polos viñedos e unha exhibición de coches antigos, actividades pensadas para atraer a distintos públicos.

Un dos obxectivos principais do Concello de Vedra e da comisión organizadora é conseguir a declaración de Festa de Interés Turístico Galego. «Estamos loitando por ese recoñecemento, aínda que sabemos que non é doado competir con festas como a do Albariño de Cambados», recoñeceu Martínez.

Martínez destacou a importancia de potenciar a Denominación de Orixe Ribeira do Ulla, integrada en Rías Baixas, e recordou que os viños da zona xa se exportan a países como Estados Unidos, coa preocupación lóxica que lle trasladou o sector tras o anuncio de aranceis por parte do presidente Trump. «Temos que facer que a xente coñeza esta zona, que está a só 10 minutos de Santiago, e que veña a probar os nosos viños», afirmou.

Programación para todos os gustos

A festa, que terá lugar os días 5 e 6 de abril, ofrece unha programación variada e pensada para todos os públicos:

O alcalde non evitou mirar ao pasado cun certo saudosismo: «Hai quen bota de menos as botas colgadas e o ambiente máis espontáneo de antes, pero hoxe temos que ofrecer calidade e profesionalismo». Con todo, asegurou que a esencia da festa segue intacta: «Seguimos a celebrar o noso viño, a nosta terra e a nosta xente, pero dun xeito máis moderno e inclusivo» e evitando «os excesos que se vían nalgunhas ocasións».

Martínez rematou a súa intervención cun convite a todos os galegos e visitantes: «Quedan todos invitados a vir a Vedra os días 5 e 6 de abril. Hai sitio para aparcar, boa música, mellor viño e un ambiente inigualable».

A Festa do Viño da Ulla consolídase así como un evento que mira ao futuro sen esquecer as súas raíces, unha celebración que non só pon en valor o viño da comarca, senón tamén a súa cultura, a súa xente e o seu potencial turístico.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alcaldecarlos martinezEntrevistafesta do viño da ullasan miguel de sarandonvedra
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, convidado este martes nos Almorzos do Gran Hotel Los Abetos
Actualidad

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, convidado este martes nos Almorzos do Gran Hotel Los Abetos

A Festa do Viño da Ulla medra e aspira ao recoñecemento turístico galego
Comarca

A Festa do Viño da Ulla medra e aspira ao recoñecemento turístico galego

A Estrada promocionará os seus encantos na Festa do Viño da Ulla
Comarca

A Estrada promocionará os seus encantos na Festa do Viño da Ulla