ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Rosón sobre a operación Peleteiro: “BNG e CA deben asumir a súa responsabilidade no que está a suceder”

 

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de abril de 2024 a las 18:07

Compartir

 

 

Lembra que en febreiro do 2023 toda a oposición bloqueou o proxecto do goberno socialista para a rehabilitación da parcela do antigo Peleteiro

“Hoxe a alcaldesa podería estar presentando unha obra de 150 vivendas das que o 20% eran a prezo taxado. Pola contra, nuns meses, a señora Sanmartín estará inaugurando as obras dun centro comercial e 40 apartamentos turísticos”, critica

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024.- “BNG e Compostela Aberta deben asumir a responsabilidade no que está a suceder”, con esta afirmación, Mercedes Rosón arremeteu este martes contra o goberno local pola situación actual do antigo Peleteiro, logo de que o executivo de Sanmartín fixese público que a Sareb segue co seu plan para a construción dun gran centro comercial no Ensanche, como recolle o planeamento vixente.

“Estamos nun escenario máis que anunciado polo Grupo Socialista en febreiro do 2023” lembra Rosón, facendo referencia ao bloqueo da modificación do Plan Xeral que o goberno de Sánchez Bugallo levara ao pleno ordinario de ese mes e no que, ademais advertira de que esa era “a última oportunidade” para revitalizar o en Ensanche.

O proxecto que en aquela altura presentaba o goberno socialista proxectaba unha gran praza pública a un único nivel, como reclamaban os axentes sociais, orientada cara San Pedro de Mezonzo e cunha conexión coa República Arxentina de 20 metros de apertura. Unha reordenación que ademais, reducía considerablemente a superficie edificable total sobre rasante, que pasaba de 23.500 metros cadrados a 19.900, incrementándose significa Avamente a capacidade de uso residencial, que se acompaña ademais da cualificación dun 20% con desAno a vivenda protexida. Un proxecto que, a diferencia do de Compostela Aberta, non contaba con informes desfavorables, senón que espertaba unanimidade e consenso veciñal.

“Con razón dixo a alcaldesa na súa toma de posesión que viña a deixar pegada, aquí a primeira”

A que fora responsable de Urbanismo, Mercedes Rosón, culpa a BNG, CA e Partido Popular de provocar a situación actual, coa propietaria do antigo Peleteiro con unha licencia solicitada e en tramitación para construír o que, é certo, o PXOM vixente lle permite. “A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo pretenden trasladar agora a súa responsabilidade ao goberno central demandando vivenda protexida, algo que xa estaba contemplado na proposta que os socialistas levamos ao pleno o ano pasado” explica Rosón.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Unha proposta que tombou a oposición en pleno que, critica, “déronse a man para dicirlle non á cidade”. A edil socialista contrapón que fronte a proposta socialista, que contemplaba a construción de 150 vivendas das que o 20% eran a prezo taxado, “nuns meses, a señora alcaldesa estará inaugurando as obras dun centro comercial e 40 apartamentos turísticos”. Tira de retranca Rosón afirmando que “con razón dixo na súa toma de posesión -Sanmartín- que viña a deixar a pegada, aquí a primeira”.

Etiquetas

mercedes rosonpeleteiropoliticapsoeradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego